O Concello e a ANPA A Basteira propoñen unha programación cargada de xogos, degustacións, talleres e moitas sorpresas
Cariño, 29 de outubro, 2025. O Concello de Cariño celebrará esta fin de semana a tradicional festa do Samaín cun completo programa de actividades dirixidas a todas as idades. A celebración desenvolverase ao longo de dúas xornadas, unha primeira organizada pola ANPA A Basteira o venres 31 de outubro, e unha segunda impulsada polo Concello de Cariño o sábado 1 de novembro.
A programación dará comezo o venres ás 17:00 horas coa actividade Truco ou trato, na que os máis pequenos poderán percorrer distintos establecementos do municipio en busca de doces e sorpresas. Ás 20:30 horas terán lugar, no Alpendre, os sorteos do Reto do Samaín, destinados aos socios e socias da ANPA. Finalmente, a xornada concluirá ás 22:00 horas no Mercado Municipal, onde un auténtico bruxo celta contará a historia e as lendas do Samaín, poñendo o broche final á velada.
Xa o sábado a celebración continuará a partir das 17:30 horas no Mercado Municipal cunha variada programación pensada para gozar en familia. Haberá xogos de axilidade, un inchable, unha degustación de castañas asadas e unha orixinal cociña terrorífica, na que se elaborarán receitas deliciosas cun toque misterioso.
Ademais, o programa do sábado inclúe un obradoiro de reciclaxe, onde os participantes poderán aprender de forma lúdica e creativa a importancia do respecto e coidado do medio ambiente.
Desde o Concello de Cariño anímase a todas as veciñas e veciños a participar nesta xornada e a acudir disfrazados coas súas vestimentas máis terroríficas, todo para gozar dunha festa que todos os anos conta cunha notable acollida no municipio.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



