Ortigueira, 9 de outubro de 2025. O proxecto XoGal, impulsado polos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22 en colaboración coa empresa galega Skeirrum, terá a súa terceira cita o vindeiro 11 de outubro, ás 11:00 horas, no Concello de Ortigueira.
A experiencia, titulada “Ritmos de Ortigueira ”, propón aos participantes deixarse levar polo son dunha vila única e atopar a súa cadencia: “Cada nota conta unha historia, e cada pista ten música. Desde a Escola de Gaitas ata o Festival do Mundo Celta, esta experiencia convida a descubrir Ortigueira a través do son, a emoción e o orgullo dunha vila que fixo da cultura folk un símbolo universal.”
Os participantes deberán resolver acertixos, preguntas e probar para completar o percorrido e clasificarse entre os mellores do proxecto, optando así a diversos premios.
Imaxe da jornada Xogal celebrada en Mondoñedo.
A inscrición xa está aberta, de forma gratuíta, a través da ligazón: https://skeirrumtienda.com/xogal/. Para participar só é necesario dispor dun teléfono móbil con batería cargada, conexión a internet e calzado cómodo.
Con esta proposta, XoGal convida a redescubrir Ortigueira e o seu patrimonio cunha fórmula innovadora que une xogo, historia e cultura.
XoGal é un proxecto que busca dinamizar o rural galego mediante a promoción cultural e turística baseada na gamificación, e contempla un total de 10 citas entre agosto e outubro de 2025, en dez concellos diferentes: Navia, Pedrafita do Cebreiro, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Abadín-Gontán, Vilalba, Pontedeume, Ortigueira e Neda






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



