O Burela vence ao Melistar na casa con dobrete de Charly e a pesar de anotar dous goles en propia porta
Burela, 18 de outubro, 2025. Tras experimentar a súa primeira derrota nesta tempada, en Málaga, o equipo masculino do Burela FS enfrontouse esta tarde ás 18.45h, unha vez máis, en Vista Algre, a un equipo coa mesma dinámica nestas tres xornadas de liga, o Melistar FS. O encontro foi retransmitido por Cinfo a través da plataforma tiivii.gal. Moito ritmo e gran arranque do Burela en Vista Alegre nun encontro no que os locais anotaron 7 dos 9 goles totais, dous en propia porta, que penalizan no golaverage pero que non impediron a vitoria de hoxe na casa.
Arrinca o partido cun Burela inspirado que anota o primeiro a segundos do inicio, un gol de Charly que aproveita un rexeite tras un disparo a porta de Jason e o mesmo internacional venezolano anota o segundo no minuto 7, un golazo tras unha acción individual pola dereita e un disparo imparable. Tena Marquinho no minuto 8 cun taconazo na área que atrapa Moha. No minuto 10 chega o primeiro dos melillenses, cun tanto en propia porta de Izan que, defendendo a Joaki en portería, remata co pé un balón procedente dun saque de banda. Pide tempo morto David Rial no minuto 12 e golazo de Charly cun disparo baixo potentísimo que se coa entre toda a defensa visitante tras un saque de esquina de Meira. Lánzaa fóra Moha nunha saída de porteiro no minuto 13. Falta perigosa para o Burela no 16 cunha boísima combinación entre Izan que lla pasa a Marquinho, este a Jason na outra banda e dispara despexandoa o porteiro rival. Chega o segundo do conxunto melillense nunha perda do Burela que aproveita Javi Rangel meténdoa por toda a escuadra nunha xogada rápida e gran ocasión de Charly segundos despois no bordo da área que atrapa Moha.
Primeira ocasión da segunda parte para Marquinho, que regatea e dispara dende lonxe conseguindo desviala Moha e unha segunda do capitán, Pitero, que consegue plantarse ante Moha pero este despexa o disparo no minuto 3. Penalti para o Burela no minuto 26 nunha falta a Alán precedido dun disparo potentísimo de Charly que tamén puido ser gol. Lanza Pitero, sae Gonzalo Puebla a portería e golazo. Sálvaa Meira no seguinte minuto sacándoa a córner nun ataque do conxunto rival e lánzaa fóra Wallace no 28 nunha boa ocasión na área local. No minuto 30, tras un saque de esquina, Charly métea en propia porta tentando sacala da área e no 33 Meira consegue o 5-3 cun disparo directo incrible nun saque de falta que fusila a portería rival. No 37 o Melistar sae de 5 e logra recortar distancias con un tanto de Joaki que se coa entre a defensa burelense. Continúa o rival con porteiro-xogador ata o final do encontro non logrando o empate que remata dando a vitoria a un Burela que marca un inicio de tempada imbatible en Vista Alegre.
Ficha Técnica Burela FS 5-4 CD Melistar FS
Burela FS (5): Starna; Jason, Charly, Alberto, Meira, -quinteto inicial-, Alán, Izan, Pitero (C), Marquinho, João Silva (P).
Melistar FS (4): Moha; Anuar, Javi Rangel, Joaki, Grillo -quinteto inicial-, Pedro Herreros, Mohamed Haddouchi, Wallace, Pablo González, David Mesquita, Gonzalo Puebla (P)
Goles: 1-0, min. 1: Charly. 2-0, min.7: Jason. 2-1, min. 10: Izan (PP), 3-1, min. 12: Charly. 3-2, min. 17: Javi Rangel. 4-2, min. 26: Pitero. 4-3, min. 30: Alberto (PP). 5-3, min. 33: Meira.
Árbitros: Daniel Delgado, Guillermo Rodríguez, Miguel Jesús Rodríguez, Andrea González.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte do conxunto local, João Silva, Meira, Jason, Izan, David Rial. Por parte do conxunto visitante, David Mesquita, Anuar, Wallace, Haddouchi, Tomás de Dios

























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 

