A Mariña, martes 21 de outubro 2025. O grupo municipal do BNG de Viveiro, e a executiva comarcal nacionalista denuncian que unha vez maís o PP maltrata a Viveiro e a a zona occidental da Mariña, deixándoas sen vias de comunicación que faciliten a conexión co resto do país e do estado e lastrando así o desenvolvemento económico de Viveiro e comarca.
25 anos agardando polo corredor
No documento orzamentario que vén de presentar o Partido Popular queda patente o seu desinterés por Viveiro e pola comarca, tal como afirmaron a portavoz municipal Iria Cotelo e o concelleiro Seve Salgueiro que se referiron tamén á resposta dada por escrito en días pasados ao grupo parlamentario do BNG cando desde o mesmo fixeron unha pregunta referida á VAC Costa Norte e desde a Xunta responderon que “para a planificación da VAC Costa Norte tén que estar completa a autovía da Mariña A-74 por parte do Goberno do Estado”. “Con esta resposta por escrito quedan claras as intencións do Partido Popular, que é desentenderse con desculpas de mal pagador, dos seus compromisos con Viveiro polos que levamos agardando 25 anos” manifestaron Cotelo e Salgueiro.
Emendas aos orzamentos
O deputado mariñao Daniel Castro referíuse tamén ao abandono da Mariña e de Viveiro por parte do PP manifestando que “25 anos despois da promesa da construcción do corredor só hai executados 15 km en dous tramos, dun total de 90 km. e curiosamente eses dous tramos foran licitados polo goberno bipartito”.
Castro anuncia tamén que desde o BNG farán as correspondentes emendas aos Orzamentos da Xunta para que se doten debidamente as partidas correspondentes para que esta importante via de comunicación sexa unha realidade xa e non haxa que seguir agardando décadas.
Mobilizacións polo corredor
No mes de novembro cúmprense 25 anos das mobilizacións polo desvío da Transcantábrica hacia Vilalba, cando o PP modificara o trazado inicial que contemplaba o seu paso polas zonas central e occidental da Mariña, Ortegal e Ferrol. Coincidindo con estas datas, desde o BNG anuncian tamén iniciativas nos concellos e nas institucións para instar á Xunta ao remate desta importante vía ademáis de mobilizacións sociais, actos informativos e reivindicativos.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



