Ribadeo, 21 de outubro de 2025. As obras de reforma do hospital asilo reanudaranse en breve. O Concello xa conta con financiamento para acometer o 13% que quedou pendente, tras a presentación de concurso de acredores por parte da empresa que estaba a executar os traballos.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “seguimos xestionando orzamento e poñéndolle solucións aos problemas que causou a obra da reforma do hospital asilo. Desde logo, a empresa tivo problemas, causounos moitos dores de cabeza nos últimos días, dado que presentou concurso de acredores e iso ten unhas consecuencias negativas para o Concello de Ribadeo, xa que vai retrasar os tempos e vai retrasar a obra”.
O rexedor contou que “nestas últimas semanas o que fixemos foi un proceso de negociación coa empresa para que nos entregara a obra, dado que queda o 13 % sen facer. Xurdiron varios problemas. Primeiro os tempos. Se non nos dabamos presa isto vaise ir ralentizando e iso ten consecuencias bastante negativas á hora de poñerlle fin a esta obra. Hai que poñerlle fin e querémolo facer con todo o sentido, con toda a responsabilidade, con toda a transparencia, por iso lle dixemos que nos tiña que entregar a obra. Agora vamos licitar ese 13 % restante, obra que queda sen facer, para non unila á parte onde era a residencia das monxas e á capela, xa que iso estaba no antigo proxecto. Se introducimos ese 13%, facemos modificado e retrasamos aínda máis”.
Vega declarou: “todo ben informado, todo ben explicado, tamén informamos á oposición. Primeiro paso, licitar o 13 % e para iso necesitamos orzamento, por que despois de 18 meses hai un incremento dos custes, onde nos custaba 228.000 euros, vainos custar agora 160.000 euros máis, son 380.000 euros. Iso é unha cantidade que non tiñamos orzamentada, dado que nosoutros íamos rematar con eses 228.000 e agora necesitamos 160.000 mais. Xa xestionamos na Xunta de Galicia 170.000 euros, é dicir 10.000 euros máis, porque sempre hai problemas e sempre pode haber algún tipo de reforma que é necesaria facer e aproveitamos. Iso témolo, temos a cantidade para rematar a obra”.
O alcalde explicou que “informamos á oposición, agora vamos presentar esa memoria, firmar convenio, licitar o 13 % e acabaríamos a obra. Pero o que queríamos era informar de primeira man á oposición e evidentemente a todos os veciños de Ribadeo, que lle estamos poñendo toda a transparencia que ten que haber claramente e nisto informamos sempre á oposición e sempre tamén a todos os veciños e veciñas. Nosoutros non queríamos estes problemas, pero os problemas son os que son. Cando unha empresa presenta concurso de acredores, como lle pasou tamén a outros Concellos que teñen a mesma construtora, hai que poñerlle solucións rapidamente. Nosoutros fixémolo con toda a rapidez, pero sempre desde un punto de vista dos tempos rápidos, pero cunha garantía xurídica e sempre co respaldo técnico xurídico do Concello de Ribadeo”.
Dani Vega subliñou: “temos a cantidade non sómente para rematar ese 13%, sino tamén para xa licitar a lavandería e a cociña, é dicir 160.000 euros. A xestión desta semana pasada foi de 320.000 euros para a residencia hospital asilo. Sumados aos 700.000 euros que xa nos aportará a Xunta de Galicia, o que temos que dicir é grazas á Xunta e ao Consorcio, ao seu director, ao director xeral de Maiores e á conselleira Fabiola García, que sempre teñen unha preocupación, ganas de solucionar, ganas de axudar, e nosoutros evidentemente moi agradecidos. Polo tanto, unha xestión ben feita, informamos a oposición, iremos informando dos seguintes pasos que temos que dar, pero na residencia hospital asilo en breve comezarán as obras”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


