O Bloque quere saber os detalles do pacto, que empresas participaron no concurso internacional e que criterios se seguiron para seleccionar a Altri
Santiago de Compostela, 10 de outubro, 2025. O viceportavoz e responsábel de Medio Ambiente, Luís Bará, anunciou que o BNG vai iniciar accións xudiciais diante do TSXG contra a negativa do Goberno do PP de facer públicos os acordos secretos entre a sociedade público-privada Impulsa e Altri, documentación que a formación nacionalista vén reclamando desde hai máis de ano e medio a través do artigo 9 do Regulamento do Parlamento.
“Temos indicios fundados de que hai unha relación de conivencia e de trato de favor entre a Xunta e Altri por medio dos negocios que se fixeron a través de Impulsa”, asegurou Bará, para quen a ocultación que o Executivo de Rueda fai dos acordos coa pasteira portuguesa é unha “declaración de culpabilidade”. “Se non houbese ningún problema, daríannos a información”, subliñou.
A demanda do BNG fundaméntase na ocultación do acordo secreto plasmado no memorando de entendemento asinado en outubro de 2021 entre Altri e a Sociedade Impulsa, actualmente en proceso de disolución e na que a Xunta ten o 48 % do capital e o 50 % dos dereitos de voto.
En concreto, segundo explicou Bará, o BNG reclama documentación sobre tres cuestións concretas. A primeira refírese á alianza Impulsa-Altri recollida nese memorando para desenvolver un proxecto industrial que, na súa versión inicial, recollía a produción en Galiza de 200.000 toneladas de fibras téxtiles pero que derivou “en algo sensiblemente diferente”, apuntou en alusión á macrocelulosa contaminante prevista en Palas de Rei.
A segunda cuestión sobre a que o BNG reclama información é sobre as empresas que participaron no concurso internacional que se recolle no memorando e “do que non se ten ningunha noticia” , así como sobre os criterios que seguiu Impulsa para seleccionar a Altri fronte a outras alternativas “que podían estar máis aliñadas co sector industrial galego”.
O memorando en cuestión recollía ademais a sinatura dun acordo definitivo avalado polo cumprimento dunha serie de condicións. O Executivo de Rueda tamén nega a información sobre ese pacto definitivo e sobre as condicións que “supostamente se verificaron entre outubro de 2021 e finais do 2022, cando Altri solicita xa a declaración como proxecto estratéxico industrial”, precisou o viceportavoz nacionalista, engadindo que “neste tempo entendemos que houbo feitos que poden ser importantes”.
Bará denunciou, máis unha vez, o “procedemento torticeiro” utilizado polo PP para cambiar a lexislación de política industrial, incluíndo na Lei de Áreas Empresariais de 2022 un cambio na tramitación da declaración dos proxectos industrias estratéxicos, “pasando por riba das competencias municipais”.
“Nese momento xa se sabía que había un informe do técnico municipal de Palas de Rei contrario á posibilidade de instalar alí a macrocelulosa, pola normativa urbanística deste concello”. Un mes despois do cambio legal, agregou, Altri presentou a súa solicitude de declaración de proxecto industrial estratéxico.
O deputado do BNG apuntou así mesmo ao modificación feita a finais do 2023, utilizando a Lei de Acompañamento dos Orzamentos, pola que a Xunta indemnizará con ata medio millón de euros aos promotores de proxectos estratéxicos no caso de non resolverse estes no prazo dun ano.
Alfombra vermella para unha indemnización
Pero ademais, advertiu Bará, os cambios feitos permiten que as empresas promotoras poidan reclamar responsabilidade patrimonial da Administración polos investimentos feitos en proxectos industriais estratéxicos non aprobados. “É bastante fácil de deducir que, sabendo que o proxecto da macrocelulosa podía non saír adiante, se blindou esa opción de recuperar o investimento”, advertiu tras lembrar que, segundo informacións publicadas, a pasteira portuguesa destinou xa até 25 millóns de euros ao seu proxecto en Galiza.
“O Goberno do PP puxo a alfombra vermella para poder Altri reclamar todo ese investimento”, sostivo o viceportavoz nacionalista, quen insistiu no dereito dos deputados e deputadas a recibir a información que solicitan e, sobre todo, no dereito que teñen os galegos e as galegas a coñecer todos os detalles sobre a tramitación da macrocelulosa contaminante, pendente aínda da concesión de Augas e da avaliación ambiental integrada.




















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



