A alcaldesa, Marta Rouco, presentou a programación organizada dende a Concellería de Igualdade para visibilizar e poñer en valor o papel das mulleres no rural vilalbés
Vilalba, 10 de outubro de 2025. O Concello de Vilalba, a través da Concellería de Igualdade, da que é responsable a alcaldesa Marta Rouco, presenta a programación co gallo da conmemoración do 15 de outubro, Día Internacional da Muller Rural, unha data na que se recoñece o papel esencial das mulleres no desenvolvemento social, económico e cultural da vida rural.
A programación inclúe dúas accións principais: unha mesa aberta de diálogo e unha exposición fotográfica participativa.
A mesa aberta celebrarase o mércores 15 de outubro, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, baixo o título “Vilalba colleita igualdade”, e reunirá a mulleres con diferentes traxectorias e experiencias ligadas ao rural:
– Rosa Arcos, presidenta da Federación de Asociacións de Mullere Rurais (FADEMUR).
– Lourdes Otero, presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de Insua.
– Lupe Prado, da Asociación Agarimo de Mulleres Rurais de Santaballa.
– Amanda López, secretaria da Asociación de Produtores Agroecolóxicos A Estruga.
Durante o encontro abordarase o papel da muller no rural galego e vilalbés, afondando nas circunstancias pasadas e presentes, así como nos retos de futuro para avanzar cara á igualdade real neste ámbito.
“Queremos recoñecer e poñer en valor o traballo, o compromiso e a forza das mulleres que manteñen viva a nosa terra. Elas son parte esencial da nosa identidade e do noso futuro”, destacou a alcaldesa, Marta Rouco.
Ademais, o Concello impulsa a iniciativa “Muller Rural: Revela a súa forza”, unha exposición fotográfica colaborativa na que poderá participar toda a veciñanza enviando imaxes de mulleres do rural vilalbés. As fotografías deberán remitirse ao enderezo ax.igualdade@vilalba.es entre os días 13 e 17 de outubro, indicando o nome completo da persoa remitente e un título ou breve descrición da imaxe.
As fotografías seleccionadas formarán parte dunha mostra que se instalará a finais de mes na Sala de Exposicións do Auditorio Municipal, e que servirá como homenaxe colectiva a todas as mulleres que, dende o seu esforzo diario, contribúen ao desenvolvemento do rural e á preservación da súa esencia.
“Con esta exposición queremos que sexan as propias veciñas e veciños quen amosen o valor das mulleres do noso rural, da súa relación coa terra e coa comunidade, dende a súa mirada máis próxima e real”, engadiu Rouco.
O Concello anima a toda a cidadanía a participar nesta iniciativa e a sumarse á conmemoración dunha data que reivindica igualdade, recoñecemento e futuro para as mulleres do rural.
INSTRUCIÓNS PARA PARTICIPAR NA EXPOSICIÓN “MULLER RURAL: REVELA A SÚA FORZA”
As persoas interesadas en participar nesta iniciativa poderán enviar as súas fotografías do 13 ao 17 de outubro ao enderezo electrónico ax.igualdade@vilalba.es, indicando no correo:
O nome completo da persoa que remite a imaxe.
O título ou unha breve descrición da fotografía.
As imaxes recibidas formarán parte da exposición “Muller Rural: Revela a súa forza”, que se instalará na sala de exposicións do Auditorio Municipal a finais de mes. Co obxectivo de garantir a mellor calidade na mostra, recoméndase seguir as seguintes indicacións:
– Calidade: Enviar o ficheiro orixinal coa máxima resolución posible. Evitar imaxes descargadas de WhatsApp ou recortadas.
– Formato: preferiblemente JPG ou PNG.
– Orientación: aceptaranse fotografías tanto en horizontal como en vertical.
– Luz: Asegurarse de que a imaxe teña boa iluminación e non estea escura nin movida.




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



