Rosana Pérez, tras o voto en contra do PP: “Levan 16 anos sendo o verdadeiro motor e o verdadeiro cómplice da discriminación a Galiza”
Santiago de Compostela, 21 de outubro, 2025. A portavoz de Pesca do BNG no Parlamento, Rosana Pérez, defendeu no Pleno unha proposición de lei para reclamar ao Estado a transferencia a Galiza das competencias de Salvamento Marítimo e loita contra a contaminación mariña, que lle permitan ter un dispositivo propio, máis eficaz e adaptado á súa realidade.
“Queremos un modelo de salvamento de titularidade galega que teña capacidade de resposta inmediata, un servizo público, universal e gratuíto que deixa atrás ese modelo economicista que condiciona ata o extremo o salvamento, un servizo dotado de xeito acaído e coordinado co resto dos servizo do Estado, de Portugal e do resto de Europa”, sintetizou a deputada nacionalista, que lamentou, máis unha vez, que o PP, co seu voto en contra, actúe como muro de contención contra o autogoberno de Galiza.
“O Partido Popular leva 16 anos acatando submiso unha estratexia recentralizadora nefasta para Galiza” e “sendo o verdadeiro motor e o verdadeiro cómplice da discriminación do noso País Galiza”, sostivo Rosana Pérez, que lembrou que a de hoxe foi a quinta vez desde o 2009 que o BNG levou ao Parlamento galego a reclamación das competencias de Salvamento e Contaminación Marítima, que xa conseguiu Euskadi “malia ter a costa infinitamente menos que a nosa”.
“Por que agora non é fulcral para o PP que non haxa discriminación cando se nalgún lugar ten sentido que se reclamen as competencias de Salvamento é en Galiza?”, preguntou.
Ao longo da súa intervención, a portavoz de Pesca debullou as “razóns de peso” que xustifican a iniciativa do BNG, como o feito de termos a taxa de sinistralidade no mar máis alta de toda Europa, sermos un “un dos puntos do Planeta máis agredido como consecuencia do impacto de mareas negras” e ter unha costa que “pouco ou nada ten que ver coa do resto da Península”. Polo corredor de Fisterra, remarcou, circulan cada ano 12.000 buques con materias perigosas.
Tras recordar algunha das maiores catástrofes rexistradas na costa galega, como a do Prestige, o Mar Egeo, o Casón ou o Urguiola, a deputada do BNG referiuse tamén a todas as vidas que se perderon no mar ou aos máis de 100 buques afundidos no que vai de século. Ningún outro territorio, subliñou, ten preto de 4.000 embarcacións, en












A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.



