Arias tamén subliñou o apoio da Xunta á entidade, que este año recibiu da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unha achega próxima aos 100.000 euros para actividades de promoción. O delegado indicou que os servizos, “e principalmente o comercio e a hostalería, xogan un papel vertebrador, polo que centramos os nosos esforzos en impulsar a súa competitividade con medidas que contribúan á súa innovación, dixitalización e adaptación ás tendencias de consumo”. Para elo, concluíu, a Xunta ten en marcha o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, que avanza nunha folla de ruta co obxectivo de potenciar e incrementar a competitividade, a visibilidade e a gobernanza dun sector fundamental para a economía da Comunidade.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou este domingo na XI Gala anual de Acisa, á que felicitou polo intenso traballo que está a realizar a prol da dinamización da economía local
-
Anterior
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, xunto á Alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, e a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais de San Bartolomeu de Insua, Lourdes Otero, presentaron este luns na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos a décimo sétima edición da Tasca do Liño





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



