Os deputados populares explica que só nas dúas últimas xuntas de goberno, dende ás áreas dirixidas polos nacionalistas, destinaron “595.796,75€ unicamente en convenios” seguindo desta forma a política de Tomé “de colaborar só con municipios da mesma cor política ou mercar afíns”
Lugo, 30 de outubro de 2025. Os deputados nacionalistas do bigoberno de PSOE e BNG semellan “ter tomado boa nota” da folla de ruta marcada por José Tomé trala crise interna de goberno e “iniciaron dende as súas áreas a compra de vontades entre dirixentes da súa mesma cor política ou afíns”.
Os deputados do Grupo Provincial Popular explican que nas dúas últimas xuntas de goberno provincial, dende as áreas coordinadas polos deputados do BNG destinaron 595.796,75€ en catro convenios con tres concellos diferentes. “Todos da súa cor política ou buscando comprar vontades”, sinalaron.
Os convenios aprobados “a porta pechada” son os seguintes:
Xunta de goberno do 10 de outubro: Co Concello de Quiroga, 89.990,75€ para a pavimentación camiño e adquisición remolque e apeiros; e co Concello de Samos, 51.541,12€ para o acondicionamento de local multiusos
Xunta de goberno do 17 de outubro: Co Concello de A Pobra do Brollón, 58.080€ para a adquisición de mini escavadora, remolque e martelo rompedor; e co Concello de Samos, 396.184,88€ para a conservación e reforma pavillón deportivo municipal
Os deputados Grupo Provincial Popular seguen a denunciar “a falta de igualdade e a arbitrariedade” coa que PSOE e BNG empregan os cartos da Deputación, “é dicir, de todos os lucenses” para axudar “única e exclusivamente aos concellos dos seus ‘amiguetes’, aqueles gobernados polas súas mesmas cores políticas ou naqueles que quere obter réditos políticos”: “A realidade é que están a xerar un Plan Deputación B no que unicamente colabora con alcaldes socialistas ou nacionalistas”.
Os populares recordan que “son os concellos gobernados por PSOE e BNG” os que se benefician dos convenios aprobados cada ventes en xunta de goberno xa que “non hai nin un € para máis da metade dos municipios da provincia, xustamente aqueles gobernados por alcaldes do Partido Popular”. “Ao PSOE e ao BNG sempre se lles enche a boca reclamando igualdade, unha igualdade que non son capaces de demostrar co exemplo”, criticaron.
“Non criticamos que se colabore con concellos gobernados por PSOE e BNG, senón que o que criticamos é que só se colabore con eses municipios porque todos os concellos necesitan deses fondos, sendo a realidade que o único que están a conseguir é incrementar as desigualdades entre os veciños da provincia en función do municipio no que residan”, sentenciaron.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



