Os deputados do Grupo Popular pídenlle á portavoz do PSOE na Deputación “a mesma esixencia que ten con outras administracións para a administración na que goberna”
Lugo, 19 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular esixen a Pilar García Porto “dar exemplo” e “traballar en serio na rede de residencias da Deputación de Lugo” porque “esixe a outra administración o que ela mesma non é capaz de facer na que goberna”. Así, engaden que “onde ten responsabilidades de facer, non fai” polo que lle piden “a mesma capacidade de esixencia que ten con outras administracións, tamén para aquela na que goberna como é a Deputación de Lugo que acumula anos de atrasos nas residencias comprometidas”.
Os populares consideran “inaudito” que a alcaldesa de Antas de Ulla e voceira do PSOE na Deputación “pida explicacións a unha administración que cumpre, independentemente da cor política que goberne no municipio”.
“O único motivo polo que se nos ocorre que proteste a alcaldesa de Antas de Ulla é pola vergoña que deben sentir ao ver que a Xunta cumpre -coas obras, cos prazos- investindo 3,2M€ na residencia de Antas de Ulla” mentres que “o goberno provincial incumpre sistematicamente os seus compromisos cos veciños e veciñas da provincia”.
Así, dende o Grupo Provincial Popular subliñan que “o goberno de PSOE e BNG mantén pechada a residencia de Becerreá rematada fai preto de 4 anos e para a que propoñen un prezo por usuario un 60% que no resto de centros da rede provincial”. E o mesmo se pode dicir doutros centros de atención a maiores, “nalgún caso con convenios firmados no 2018 que xa acumulan prórrogas e prórrogas e que xa contan con todas as licenzas e permisos por parte do Concello, como é o caso de Folgoso do Courel”, expoñen.
Tamén lembran dende o Grupo Provincial Popular que a Deputación rescindiu o contrato coa construtora das residencias da Pontenova e Guitiriz que suporá un noso atraso na súa posta en marcha e que a da Pobra do Brollón tamén acumula atrasos e aínda está en construción despois de 5 adxudicacións. A de Cervantes acumula anos de promesas e nada se sabe das comprometidas en Pantón, Saviñao e Ourol”.
“Outro incumprimento de PSOE e BNG é a posta en marcha do servizo diúrno de atención a maiores que recollen os proxectos dos distintos centros da rede provincial”. Algunhas das residencias abriron no 2019, pero “ningunha presta o servizo de centro de día”.
RESPONSABILIDADE
Os populares esíxenlle a García Porto “máis responsabilidade co seu propio traballo” xa que “moitos veciños e veciñas da provincia non dispoñen dun servizo que levan anos prometendo”; pero que, nalgúns casos, non chega porque “a residencia continúa pechada por capricho político do presidente da Deputación e secretario xeral do PSOE na provincia”.
Os populares tamén consideran “paradoxal” que “a alcaldesa de Antas reclame reunións coa Xunta de Galicia” toda vez que “o presidente da Deputación de Lugo non recibe a ningún alcalde do Partido Popular”.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



