Os populares reclaman que se convoque de inmediato a comisión de seguimento, despois de varios meses sen noticias dende que se publicou a licitación
Foz, 9 de outubro de 2025. O Partido Popular de Foz acusa ao alcalde, Cajoto, de falta de transparencia e desinformación no proceso de licitación do ciclo da auga. O voceiro popular, Javier Castiñeira, reclama que se convoque de inmediato a comisión de seguimento, despois de varios meses sen noticias dende que se publicou a licitación.
Castiñeira lembra que “o Partido Popular leva tempo pedindo información sobre o estado do concurso, pero o alcalde non nos informou de absolutamente nada”. Engade que “esa comisión de seguimento foi comprometida polo propio goberno local e, a día de hoxe, segue sen convocarse, o que demostra unha total falta de vontade de transparencia”.
Desde o PP de Foz consideran especialmente grave esta falta de información nun momento no que a veciñanza está moi molesta polos recibos da auga, despois da suba de tarifas aprobada por PSOE e BNG ao inicio da lexislatura. “A xente está moi cabreada, e con razón, porque as facturas son cada vez máis altas e non ven melloras no servizo”, engade Castiñeira.
Os populares insisten en que o alcalde debe dar explicacións claras e inmediatas sobre o proceso e garantir que todos os grupos municipais poidan facer un seguimento real da contratación. “Queremos evitar que pase como noutros asuntos, como foi o caso da residencia de maiores, onde o alcalde quixo impoñer decisións sen información previa nin diálogo”, conclúe o voceiro popular.





















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



