Ribadeo, 9 de outubro de 2025. O Concello de Ribadeo entregou cestiñas dos arrolos aos novos bebés do municipio.
A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, contou que “en el Concello de Ribadeo tuvimos un nuevo acto en el que hicimos entrega de la cestiña dos arrolos a los nuevos miembros del municipio, a 4 bebés vecinos de nuestro municipio”.
A edil ribadense dixo que “Ribadeo sigue ganando población, cosa de la que nos alegramos, y por ello queremos que las familias se sientan apoyadas y cuidadas desde el primer momento”.
Sierra subliñou que “la cestiña dos arrolos es obra de la asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña a la que agradecemos su trabajo y colaboración para dar esta bonita bienvenida a los vecinos más pequeños de nuestro municipio”.
E lembrou que “comenzamos a entregar estas cestiñas dos arrolos en 2023 como un detalle a esas familias que eligen Ribadeo para iniciar su proyecto de vida”.
O acto desenvolveuse no Salón dos Alcaldes do Concello. No mesmo participaron o rexedor, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, xunto a persoal deste departamento.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



