“Moitos veciños , para acceder aos seus garaxes, vense obrigados a dar unha volta de máis dun quilómetro pola estrada da praia de Llas e o camping”
Foz, 7 de outubro de 2025. O Partido Popular de Foz volve a preguntar ao señor alcalde cal é o motivo polo que a obra do vial da zona das Torres continúa sen rematar nin abrirse ao tráfico, a pesar de que se trata dunha intervención sinxela que se iniciou no mes de marzo e que contaba cun prazo de execución curto.
Trátase dunha actuación cun orzamento de arredor de 70.000 euros, que leva practicamente paralizada desde comezos do verán, sen que o Concello dea explicacións claras sobre o motivo do atraso.
O Partido Popular de Foz lembra que xa hai meses reclamou a reapertura inmediata ao tráfico, tal e como prometera o alcalde, quen asegurara que se faría “de maneira inmediata” unha vez finalizado o asfaltado. Pero, máis de tres meses despois, a obra segue pechada e os veciños continúan a padecer as consecuencias.
Moitos deles, para acceder aos seus garaxes, vense obrigados a dar unha volta de máis dun quilómetro pola estrada da praia de Llas e o camping, o que supón un claro prexuízo e unha situación incomprensible.
O PP de Foz esixe ao alcalde que explique cal é o problema real desta obra: se existen conflitos coa empresa adxudicataria, se a obra está ou non pagada, ou se simplemente hai unha falta de xestión e control por parte do goberno local.
“O que está pasando co vial das Torres é un insulto á intelixencia dos veciños de Foz, que pensaban que, unha vez rematado o asfaltado, o tráfico se abriría aos poucos días. Pero nada máis lonxe da realidade: a obra segue parada, con valados e un aspecto de abandono que provoca incredulidade e cabreo”, afirma o voceiro popular, Javier Castiñeira.
Desde o Partido Popular lembran, ademais, que esta situación repítese en moitas outras obras municipais, como a da rúa Irmandiños, que acumula xa máis de dous anos de retraso, demostrando unha vez máis a falta de planificación e eficacia do goberno local.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



