O mandatario provincial vén de asinar coa Presidenta da Fundación Eu Son e Alcaldesa de Burela un convenio mediante o que a Deputación achega 3.000€ para apoiar os gastos de funcionamento do Centro de Día que xestiona esta entidade
Lugo, 7 de outubro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e a Presidenta da Fundación Eu Son (Fundación para a Protección de Persoas con Discapacidade Intelectual), Alcaldesa do Concello de Burela, e Deputada Provincial, Carmela López Moreno, veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas entidades mediante o cal a institución provincial achega 3.000€ para apoiar os gastos de funcionamento do Centro de Día que xestiona esta Fundación.
José Tomé subliñou que “Eu Son leva anos preocupándose pola atención e o benestar das persoas con discapacidade intelectual, ofrecendo servizos esenciais que melloran a súa calidade de vida e favorecen a súa inclusión social. En concreto, este Centro de Día, que leva en funcionamento desde o ano 2012, dá servizo a usuarios e usuarias de Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Trabada, Foz, Barreiros, Xove, Cervo e Burela”.
Nesta liña, o máximo representante da institución provincial avanzou que “con esta axuda asumimos o 50% dos custes de funcionamento como: seguros de instalacións, equipamento, servizo de limpeza, teléfono ou gastos correntes de luz”.
O Centro de Día atende ás persoas usuarias de luns a venres e ofrece servizos nos ámbitos dos coidados persoais e da atención individualizada, así como no seguimento da saúde, realizando, por exemplo, o control da medicación. Tamén desenvolve obradoiros terapéuticos e actividades psicosociais, e dispón de apoio psicolóxico e transporte adaptado, entre outros recursos.
Ademais, conta cun Programa de Habilidades Adaptativas dirixido a mellorar diferentes áreas funcionais: desde o autocoidado e as habilidades académicas básicas, ata a comunicación, traballando alteracións da fala e da linguaxe. O programa abrangue tamén accións de saúde e seguridade, como formación en primeiros auxilios e prevención de riscos, e inclúe rehabilitación funcional, con servizos de fisioterapia e terapia ocupacional, entre outras actividades.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



