Os senadores José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano presentaron esta iniciativa dende a estación de Burela acompañados por alcaldes, portavoces e concelleiros da costa mariñá
Lugo, 31 de outubro de 2025. O PP lucense esixe ao Goberno de Sánchez presentar nun prazo máximo de 3 meses un Plan de actuación para mellorar a calidade do servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo.
Os senadores pola provincia José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano presentaron esta iniciativa que defenderán xunto aos representantes de Ferrol no Senado na estación de Burela acompañados polo portavoz municipal, Manuel Rouco, alcaldes, portavoces e concelleiros dos municipios da comarca.
“Ante o desmantelamento do FEVE por parte do Goberno de Pedro Sánchez, dende o Partido Popular defenderemos este servizo de mobilidade que podería converterse nun tren de cercanías se recibise un mínimo de investimento e compromiso”, manifestou Balseiro. O Plan proposto polos populares recolle a corrección das avarías e incidencias, a modernización do material rodante e da liña e o incremento das frecuencias para atender a demanda e mellorar a mobilidade entre Ribadeo e Ferrol.
DESMANTELAMENTO DA LIÑA E DISCRIMINACIÓN A GALICIA
O senador mariñán José Manuel Balseiro explicou que “nos últimos 7 anos de Goberno de Sánchez comprobamos a falta de interese ou, incluso, o maltrato á antiga liña de FEVE” o que demostra “que o Executivo de Pedro Sánchez ten a intención de desmantelar a liña da Mariña lucense”.
A realidade é que se incrementan as queixas por avarías ou por atrasos derivados da obsolescencia do material rodante e de modernización da propia rede ou por problemas para obter os billetes ou as denuncias dos traballadores porque cada vez son menos, non se cobren as vacantes e incluso non teñen pezas para facer reparacións. Deste xeito, “o número de usuarios desplómase”.
“O deterioro do servizo é consecuencia dos incumprimentos do Goberno de Sánchez” que aínda non materializou os compromisos adquiridos por Renfe no 2018, cun Goberno do Partido Popular pouco antes da chegada de Sánchez ao Goberno, para executar un plan de mellora da calidade do servizo ferroviario entre Ferrol e Ribadeo.
Balseiro lembrou, ademais, que “tras o disparatado episodio dos trens que non collían polos túneles, o Goberno de Sánchez favoreceu que en Asturias e Cantabria os usuarios da liña puideran viaxar gratis para compensar esa desfeita da señora Pardo de Vera. Pero os galegos e mariñáns tíñamos que pagar: un claro exemplo máis de discriminación a Galicia”.
Os senadores “preguntabamos cando van estar operativos os novos trens que tiñan que estar no 2024, pero non nos deron ningunha data”, engade. E en resposta a outra pregunta sobre a electrificación da liña, “tampouco foron capaces de poñer data”. Incluso, “tratan de vender como investimentos actuacións de mantemento que xa están obrigados a facer”.
AGRAVIO COMPARATIVO
Tamén fixo referencia ao “agravio comparativo coa Mariña” por parte do Goberno de Sánchez: “Esta é a única liña de FEVE, xunto á de Murcia, que non está electrificada. A diferencia é que FEVE en Murcia dispón dun tren de cercanías cada 40 minutos. Aquí só hai dúas frecuencias pola mañá e dúas pola tarde”.
Balseiro apuntou que no ano 2017 os alcaldes e portavoces das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña dicían, a través dunha plataforma, que o Goberno desmantelaba a liña. Daquela dispoñía de catro frecuencias polas mañás e outras catro pola tarde. Agora, no ano 2025, a metade”.
Os populares incidiron en que “esixiremos que o Goberno de Sánchez actúe e non deixe morrer o tren de vía estreita por esquecemento. Do contrario, se renuncia á súa mellora, confirmará que o seu obxectivo é desmantelar o FEVE”, conclúe o senador mariñán.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



