Os senadores lucenses preguntarán, a petición do alcalde de Mondoñedo, polos motivos de que As San Lucas non gocen na actualidade deste recoñecemento, a pesar de que foi concedido en 1969
Lugo, 25 de outubro de 2025. Os senadores do PP lucense – José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano – manifestan a súa fonda preocupación pola situación na que se atopan na actualidade as Festas de As San Lucas, un dos eventos máis relevantes de Mondoñedo e de toda Galicia, que non goza na actualidade do título de Festa de interese Turístico Nacional.
Os senadores do Partido Popular de Lugo preguntarán, a petición do alcalde de Mondoñedo, Manuel Otero, polos motivos que levaron á desaparición deste recoñecemento e instarán a que se activen con urxencia os procedementos formais que permitan recuperar o título de Festa de Interese Turístico Nacional para As San Lucas.
As San Lucas celebran unha tradición practicamente ininterrompida desde o ano 1156, cando o Rei Afonso VII concedeu á vila mindoniense a organización dunha festa de oito días. Ao longo de case nove séculos consolidouse como unha referencia única na que converxen a exaltación do gando, a cultura tradicional e a promoción do tecido agrícola e rural galego. O seu arraigamento social convértea nunha das feiras máis antigas da Comunidade Autónoma, se non a que máis.
En recoñecemento á súa importancia histórica, cultural e económica, As San Lucas obtiveron oficialmente o título de Festa de Interese Turístico Nacional, tal e como recolle o Boletín Oficial do Estado nº 98 do 24 de abril de 1969 (páx. 6144).
Con todo, na actualidade este recoñecemento non figura vixente, unha circunstancia que resulta incomprensible para os senadores populares lucenses, que observan con preocupación a perda dunha distinción que durante décadas avalou a relevancia desta celebración.
Os representantes do PP de Lugo na Cámara Alta reafirman o seu compromiso coa defensa, promoción e posta en valor das Feiras das San Lucas, algo para o que consideran imprescindible garantir que esta celebración histórica continúe a ser recoñecida como un elemento singular do patrimonio festivo e etnográfico de Galicia e de España.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



