Xove, 20 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista de Xove manifesta o seu absoluto rexeitamento ao novo anuncio da Conselleira do Mar sobre o Portiño de Morás, unha infraestrutura que leva 18 anos sendo utilizada como propaganda política, sen que a día de hoxe exista unha obra real nin un calendario certo de execución.
O partido lembra que xa no ano 2010, Portos de Galicia encargou un estudo no que se estimaba necesaria unha inversión de 30 millóns de euros para un dique de tráfico comercial. “Daquela promesa non se volveu saber nada máis, quedou en papel mollado”.
En abril de 2023, a Xunta volveu facer outra foto no Portiño de Morás anunciando a instalación de tres pantaláns con 123 prazas de amarre, cun investimento de 3 millóns de euros. Porén, “todo quedou en outro anuncio sen consecuencias reais”.
En outubro de 2024, o entón Conselleiro do Mar aseguraba que “o dique de abrigo encaraba a súa recta final tras 18 anos” e anunciaba unha gran partida para 2025 que nunca chegou. Agora, este pasado venres, a Conselleira volveu á Mariña para vender outra vez as supostas inversións, limitando a 2026 unha partida ridícula de 80.000 euros, ao tempo que promete unha obra de 7,5 millóns de euros.
O PSdeG-PSOE de Xove considera este anuncio “un novo insulto á intelixencia da veciñanza”. “Dicir que se van investir 80.000 euros é o mesmo que dicir que non se vai facer nada. Nin sequera chega para o cartel das fotos”, sinalan.
O partido acusa directamente á Xunta e ao alcalde, Demetrio Salgueiro, de “tentar tomar o pelo aos veciños e veciñas durante 18 anos, vendendo fume en bucle”. O PSdeG lembra ademais que a promesa dos pantaláns foi feita polo propio Demetrio xa no ano 2007, cando se presentou por primeira vez á alcaldía. “18 anos despois seguimos igual: anuncios, fotos e cero realidade”.
O PSdeG-PSOE de Xove esixe claridade inmediata: que a Xunta presente o proxecto definitivo, que concrete o financiamento real, e que faga público o calendario completo de execución da obra, con prazos verificables.
“Xove non merece 18 anos de enganos nin outros 18 máis de espera. Xa está ben de prometer, anunciar e non facer. O Portiño de Morás ou se executa de verdade, ou que deixen de xogar coa xente desta vila”, conclúe a agrupación.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



