O río de O Martelo, no tramo que discorre entre a Estrada de Faro e a súa desembocadura na Praia de Area, presenta todos os veráns un aspecto lamentable. O leito torna dunha sospeitosa cor marrón oscura. Por outro lado a ausencia de choivas estivais fai que desprenda un olor fétido e nauseabundo, que non só crea alarma entre as persoas que transitan o lugar senón que, ademáis, supón un foco insalubre.
A causa da restricción que supón a normativa de Augas de Galiza no tocante á limpeza do río, o goberno municipal do Partido Socialista solicitou a presenza dun técnico que avaliase in situ a situación e determinase o tipo de actuacións pertinentes. O técnico en cuestión foi incapaz de ofrecer unha solución acorde a normativa. Mais curiosamente si forneceu unha información clarificadora: o estado do río vén a ser consecuencia directa da modificación que, no seu momento, se realizou no seu leito. Paradoxalmente o responsable desta modificación foi o Ministerio de Medio Ambiente presidido daquela por Jaume Matas (PP). Para botarse a chorar!
Entrementres, e sen responder de ningún xeito coa realidade, intentábase transmitir unha mensaxe de suposto abandono por parte do equipo municipal do PSOE. Sendo daquela este que escribe Delegado para o Mantemento de Praias, tomou a decisión de informar a veciños e visitantes. Todo isto sen entrar en momento algún a valorar a Normativa de Augas e limitándome simplemente a encargar dous cartaces coa transcrición do texto que se recibira: “Augas de Galicia non permite ningún traballo da limpeza neste río agás a retirada manual de restos urbanos e vexetación morta”
Nalgún momento deste pasado verán, de costas á oposición municipal e nun exercicio de falta de respecto institucional, o goberno que preside a señora Mariña Gueimunde, decidiu eliminar os devanditos carteis informativos. Unha vez máis, e do mesmo xeito que coa Sanidade, prímanse os intereses da Xunta moi por riba daqueles dos veciños e veciñas do Concello de Viveiro.



















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



