Ribadeo, 23 de outubro de 2025. Ribadeo estrea novo miradoiro sobre a ría. Está situado nas Carrallas e é o segundo que se habilita no paseo marítimo nos últimos meses.
O alcalde, Dani Vega, declarou: “seguimos poñendo en valor espazos que estaban abandonados ou non dándolles un uso concreto. Pasaba neste espazo que está concretamente situado nas Carrallas, que había un espazo ao que non se lle estaba dando un uso correcto. Aí aparcaban coches, caravanas.. todo era verdadeiramente un desastre”.
O rexedor explicou que “o que quixemos foi construír un miradoiro coa colaboración de Costas do goberno do Estado, ao que lle dou as grazas por seguir investindo e mellorando un espazo que é marabilloso dende O Cargadeiro á Illa Pancha. Todo este miradoiro, que está construído con elementos da terra, con madeira, poñendo en valor todo o espazo para contemplar a marabilla da ría”.
Vega cre que “iso é o que hai que seguir facendo, espazos que non están coidados, evidentemente conservar, coidar, espazos onde hai un uso incorrecto, darlles unha volta, unha análise e poñelos en valor e a comparación coa mellora é visible. Pasar de aparcar coches ou caravanas a ter un espazo para relaxarte e contemplar o medio natural, a ría, con elementos naturais. Tamén eses espazos nos que había contadores eléctricos, que estaban feitos de calquera maneira, disimulalos, adornar, decorar, pero con elementos naturais, eu creo que é un valor engadido”.
E engadiu: “repito, grazas a Costas, á colaboración que está tendo co Concello de Ribadeo, grazas ao Estado polo seu financiamento, e desde logo vamos seguir, xa o fixemos no miradoiro chamado agora de Loctudy, que tamén era un espazo que estaba certamente abandonado, onde aparcaban coches, caravanas, e agora converteuse nun espazo onde hai moitas familias, onde hai moitos visitantes, moitos veciños que están relaxados, contemplando a ría e disfrutando do medio natural, do medio ambiente, que tan importante é para todos”.























Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



