Neste mes de novembro cúmprese 50 anos da morte de Franco e resulta, cando menos preocupante, ver reflectido en varias enquisas que o 21% da poboación considere que os anos da Ditadura foron “bos” ou “moi bos”. Case o 20% da mocidade, entre 18 e 24 anos, tamén considere que foi unha etapa “boa” ou “moi boa”. E o 17,3% pensa q a democracia actual é “peor” ou ” moito peor” ca ditadura franquista.
Istos datos son demostrativo de que xa non estamos diante duns nostálxicos, nin de grupos marxinais e estrafalarios que se concentran cada 20 de novembro para cantar o “Cara al Sol” e honrar a José Antonio e a Franco. Estannos a indicar máis ben, que estamos diante dun xiro reaccionario, sobre todo, entre a mocidade, que cómpre tomar moi en serio desde as institucións democráticas e o eido educativo.
Pero o avance deste movemento reaccionario, como nos indican estás enquisas, non é só o froito dunha determinada coxuntura internacional, senón q tamén somerxe as súas raíces nun amplo poder neo franquista herdado a través da Transición e na ignorancia e descoñecemento do que foi a Ditadura franquista. Ámbolos dous aspectos, coido q poñen de manifesto as deficiencias que segue a padecer o noso sistema democrático despois de 50 anos.
Xa que logo, creo que chegou o momento de rachar coa opacidade e os tabús instalados a etapa da Transición para poder coñecer, sobre todo, a mocidade, o que de verdade aconteceu neste período tan negro da historia de España. Porque como nos di o filósofo Santayana: “Quen non coñece a historia está condeado a repetila”.
Polo tanto, consignas do tipo de “non remover o pasado” porque todos tiveron a súa parte de culpa, xa carece de sentido e ademais, non se axusta á realidade a respeto desta etapa onde todo o poder, absolutamente todo, estaba nas mans do bando franquista que o utilizou sen misericordia para exercer unha opresión sistemática, impoñer o terror, fusilar sen tregua e sen ningunha garantía xurídica e matar de fame, dende o final da guerra ata 1951, a milleiros de persoas entre outras moitas infamias.
Pero, sen embargo, eses feitos espantosos que se viviron de forma sistemática no franquismo, polo pacto de silencio da Transición, seguen a día de hoxe sen formar parte do imaxinario colectivo como si o forman outros feitos moito menos transcendentes pero coa función de blanquear o réxime. Aí está a carga simbólica como elementos de progreso e benestar que representan o SEAT 600 ou a Costa do Sol e como non, o desarrollismo da década dos sesenta. Imaxes todas elas instaladas no imaxinario de moita xente e que só pretenden camuflar unha etapa infame.
Trátase de imaxes parciais e case idílicas, provocadas a conciencia e repetidas de forma sistemática para afogar a verdade pero que contribúen con éxito a que moitas persoas que non viviron o franquismo hoxe se identifiquen con il e non poñan reparos a un réxime que practicou o xenocidio e durante máis de tres décadas se sostentou no crime organizado e institucionalizado. Un panorama atroz que moita desta xente semella descoñecer, entre outras cousas, pola falta de compromiso coa verdade, a decencia e a memoria de moitos dirixentes políticos nestes 50 anos de democracia.
Cómpre, polo tanto e dunha vez por todas rachar co inxustificado ocultamento da barbarie que supuxo o franquismo para poder elevar a verdade que se coñece dos feitos históricos á conciencia da xente e en particular da mocidade, porque eles son os que teñen que construír o futuro e como nos di o Evanxeo: “Só a verdade nos fará libres”.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



