Xove, 13 de novembro, 2025. O equipo de goberno municipal decidiu mellorar a eficiencia enerxética que surte o complexo do Centro Cívico propoñendo como melloras a substitución da caldeira de astilla existente e o seu correspondente elevador por unha nova e máis moderna de 800 kW de potencia instalada e tamén a ampliación do silo de almacenamento da cachela.
As obras a executar no complexo municipal conlevaron tamén a total adecuación da sala de máquinas ao novo RITE e centrouse tamén na substitución integral dos equipos constituintes. Isto inclúe a substitución da actual caldeira de astilla de 500 kW por una de 800 kW co seu respectivo axitador rotatorio en silo, tornillo sinfín dende silo a caldeira, ciclón e filtro electrostático, ademais de elevador de astilla, un circulador electrónico, contador de enerxía eléctrica e térmica, dotación de desconector no enchido, mellorar a instrumentación da sala, un novo vaso de expansión, cadro de proteccións eléctricas reformado, ampliación de chimenea, revestimento de tubería con aluminio e en definitiva axustarse ao RITE 2019.
Así mesmo, tamén inclúe un novo depósito de inercia vertical e o sistema de xestión integral do conxunto, tipo ESCADA.
Ademáis todo este sitema conta cun control remoto que permite levar a cabo un seguimento telemático do funcionamento da caldeira en calquera fase do seu proceso, de xeito que en calquera dispositivo intelexente, sexa móbil ou ordenador, poderase comprobar en cada momento o funcionamento que está tendo a caldeira de biomasa e así poder detectar con celeridade calquera anomalía que poidese xurdir.
As obras foron adxudicadas en 342.817,20 €. Desta cantidade a Xunta de Galicia a través de INEGA fixose cargo de 261.605,40 €. Tamén a través dun convenio suscrito entre o Concello de Xove e Rede Eléctrica ésta aportou a cantidade de 46.502 €; co cal o Concello para esta gran obra de mellora tivo que aportar uns 34.700 €, conseguindo ademais un aforro de costes no subministro da astilla, posto que ao ter maior volumen de almacenamento teranse que facer menos frecuencias de subministro.
Toda esta obra de mellora vai redundar tamén nun importante aforro enerxético e polo tanto de costes para as arcas municipais.
Con esta actuación preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:
– Empregar un sistema de calefacción de alto nivel técnico e excelente en termos de sostenibilidade.
– Substituir o combustible actualmente utilizado, que era o gasóleo e resultaba insuficiente para a potencia da caldeira, por un combustible de menor procesado e polo tanto menos contaminante, alcanzando unha reducción de emisións de CO2, xa que a biomasa está considerada como un combustible neutro en emisións de CO2, ao absorber a mesma cantidade de CO2 durante a fotosíntese para o crecemento das plantas, como na liberación posterior durante a sua combustión.
– Alcanzar un aforro enerxético.
– Utilizar un combustible local, repercutindo na xeración de emprego local e diminuindo o déficit exterior na mesma medida que sustitua aos combustibles fósiles, que son na súa totalidade importados.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



