Coa colaboración da fundación Alcoa, terá lugar o sábado ás oito da tarde na Casa de Cultura
Burela, 12 de novembro de 2025. A Asociación Esperanza de loita contra o cancro, en colaboración coa Fundación Alcoa, organiza un acto de sensibilización e concienciación na loita contra o cancro, que se dessenvolverá o vindeiro sábado, 15 de novembro, na Casa da Cultura de Burela a partires das oito da tarde.
O título do acto, Ritmo pola Esperanza, xa define o contido do mesmo. Por un lado, haberá unha parte lúdica e musical, na que participarán a Escola de Ximnasia Porta Norte e os grupos de música locais Blood Skeletor e Desta Vai. Tamén se sorteará un cadro donado por Jesús San Jose.
E por outro lado, haberá unha parte científica e de explicación dos procesos de investigación que se están levando a cabo en materia oncológica e afondando na sensibilización da ciudadanía, que correrá a cargo do Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago e invetigador principal no Laboratorio de Oncoloxía Médica Traslacional (ONCOMET), do Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) da capital galega, Jorge Barbazán García.
O doutor Barbazán é un recoñecido investigador e conta con prestixio dentro da profesión médica e no campo da investigación, e ten traballado en proxectos de investigación en materia de cancros colorectais, entre outros.
Esperanza agarda que este acto sexa atractivo para a veciñanza; acto no que se busca unha vez máis a implicación da mesma na loita contra o cancro tanto na prevención como no resto do proceso da enfermidade, e a sensibilización necesaria para que a investigación nesta materia ten que seguir avanzando, e para iso é precisa a colaboración de todos.
A asociación Esperanza ten como obxectivo, aparte da sensibilización e concienciación, a recaudación de fondos para logo seren donados a distintos proxectos de investigación científica nesta materia.
Finalmente, Esperanza quere mostrar o seu fondo agradecemento a Fundación Alcoa por apoiar iniciativas coma esta dentro da súa Campaña de Impacto Comunitario e aos seus voluntarios. Tamén agradecede a colaboración do Instituto de Investigación Sanitaria, IDIS, e especialmente ao doutor Barbazán.
Non se esquece Esperanza do Hospital Público da Mariña, de Porta Norte e dos grupos musicais Blood Skeletor e Desta vai, así como do Concello de Burela.
A asociación manifesta que por moitas iniciativas que poida ter Esperanza, sen a colaboración e participación desinteresada de todo o mundo que nos apoia, incluida a veciñanza, nada sería posible.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



