Trabada, 12 de novembro de 2025. O Concello de Trabada vivirá esta fin de semana un amplo programa de actividades organizadas en colaboración coas asociacións veciñais e comisións de festas locais. A programación arrincará o sábado 15 de novembro coa celebración de San Briz 2025 en Vilarbetote, e continuará o domingo 16 en Sante cun maratón de tute e un gran cocido popular.
En Vilarbetote, a festa de San Briz incluirá ás 13:00 horas a tradicional misa solemne, seguida da sesión vermú ás 13:30 e da verbena a partir das 22:00 horas, amenizada polo Dúo EPO-K. A xornada desenvolverase baixo carpa para garantir o bo ambiente independentemente do tempo.
O domingo 16 de novembro, a parroquia de Sante acollerá dúas citas moi esperadas: o Maratón de Tute, que comezará ás 11:00 horas, e o Gran Cocido Popular, que se servirá ás 14:30 horas no polideportivo da localidade. Desde a organización destacan a gran acollida destas actividades, cunha importante participación xa confirmada. Ademais, o cocido está aberto a todas as persoas que desexen gozar da xornada, aínda que non participen no torneo de cartas.
O Concello de Trabada, a través do seu alcalde Rubén García, quere poñer en valor “o traballo das asociacións, clubs e comisións de festas, que fan posible manter viva a nosa tradición e dinamizar o territorio cun calendario cheo de vida e participación veciñal”. O rexedor subliña tamén “a importancia da colaboración municipal para apoiar este tipo de eventos, que contribúen a fortalecer o tecido social e económico das parroquias”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



