O Burela FS reaccionou a un 0-2 en contra fronte a Inagroup El Ejido Futsal para sentenciar o 2-2 a tan só 1 décima do final
Burela, 3 de novembro, 2025. Izan conseguiu o empate para o Burela FS nesta xornada 6 anotando o 2-2 no último suspiro. Restaba tan só 1 décima e coa bancada empuxando, o ataque de cinco laranxa atopou a súa recompensa para estalido de Vista Alegre.
Souberon conter aos de Guillermo Martínez os mariñáns na primeira parte, con dobre ocasión de Beto no minuto 5 nunha excelente intervención de Starna. O meta laranxa evitou coa cara un potente disparo de Adri Mora e volveu manter o marcador inalterable rozando o ecuador da primeira parte. Os de Rial aguantaron a presión visitante. Vacas rozou o pau no 16 e a punto estivo de sorprender. Izan freou o atrevemento de Jesús despois dunha saída de Starna (minuto 17). Por parte dos locais, un dos maiores perigos puxérono Izan e Pitero nas últimas acción antes do descanso.
Na segunda parte, o Burela FS dispuxo de máis ocasións pero chegou o xerro de auga fría. A expulsión de Jason tras a segunda amarela propiciou o 0-1 para El Ejido ao bordo da medianía da segunda parte, nas zapatillas de Rosa. Volveu a contenda para equilibrarse sobre a pista para recuperar os laranxas o dominio e as ocasións. Con todo, de novo aproveitou El Ejido con Pope para ampliar distancias, no 34. A resposta local foi a saída de Alberto como porteiro-xogador e resultou; Izan reduciu distancias no 36. Tiveron os de Guillermo Martínez un par de ocasións a porta baleira pero o empeño laranxa non cesou. Tentárono os de Rial ata a extenuación para estalido da Bomboneira.
David Rial, en rolda de prensa:
“Foi un encontro parello con poucas ocasións de dous moi bos equipos. Na segunda parte evidentemente a expulsión de Jason condiciónanos. Co segundo tivemos o peor momento, pero o equipo soubo refacerse. Soubemos atacar unha defensa diferente. Estou contento coa reacción do equipo pero hai que corrixir certos detalles e hai que ter en conta que era o líder da competición”.
“É un punto moi importante. Tivemos unha semana mala despois de Eivissa e de Lugo. Hoxe era importante reencontrar a competitividade contra un moi equipo e evidentemente hai que engadirlle o sumar, remontando un 0-2”.
“Izán está a moitísimo nivel, é novo e ten que madurar en certos aspectos; o outro día expulsárono en Lugo por unha acción que debería controlar. Con todo, está nun proceso de crecemento moi importante, está nunha liña ascendente -como o resto do equipo- e estou contento con rendemento”.
Ficha Técnica Burela FS 2-2 Inagroup El Ejido Futsal
Burela FS (2): Starna; Izan, Jason, Charly, Pitero -quinteto inicial-, Alberto, Alán, Meira, Marquinho.
Inagroup El Ejido Futsal (2): Jesús, Josete, Vacas, Cristian Rubio, Adri Blat -quinteto inicial-, Dela, Pope, Beto, Rosa, Adri Mora, Nacho Gil.
Goles: 0-1, min. 29: Rosa. 0-2, min. 34: Pope. 1-2, min. 36: Izan. 2-2, min. 40: Izan.
Árbitros: Ander Garrido // Eduardo Sierra // Iria de Luis // María López. Por parte de Burela FS foron amoestados con amarela Izan (minuto 1), David Rial (minuto 16), Jason (minuto 21 e 29), Walter (39), Alán (39). Por parte de El Ejido recibiu amarela Pope (minuto 8), Beto (minuto 39)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 6 de Segunda División Masculina disputado no pavillón Vista Alegre. Desde o CD Burela FS, a tesoureira, Yolanda Álvarez, agradeceu o apoio do patrocinador Reyco co obsequio dunha camiseta ao seu xerente, Iván Marrube, lucindo o 8, dorsal que defendeu nas filas laranxas o seu irmán, Juanma Marrube, o Mariskal.






















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



