Foz, 6 de novembro de 2025. Este sábado, día 8 de novembro, na Sala Bahía dous candidatos serán os protagonistas da elección da figura da raíña ou rei do Entroido 2026 de Foz.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “os candidatos que defenderán os motivos polos que queren representar ao pobo de Foz nunha das súas festas máis queridas serán Sonia Cancio e Derek Pérez. O día estará repleto de actividade na carpa da Sala Bahía. Pola mañá, ás 12.00 horas, haberá unha actividade infantil de maxia, co mago Jorge Lorenzo. Logo comezará a música co Dúo Venus, para que ás 14.00 horas os postulantes defendan a súa candidatura e os motivos polos cales queren ser raíña ou rei do Entroido. A continuación seguirá a música e a partir das 16.00 horas abriranse as votacións ata ás 17.00 horas. A sesión de tarde correrá a cargo de Eventec. O nome do candidato que abrirá o desfile de Foz o próximo 14 de febreiro desvelarase ás 18.00 horas. Para aqueles que
queiran pasar unha xornada de guateque entre entroideiros, haberá tamén a posibilidade de comer na propia Sala Bahía con servizo de comidas (polo, costela e chourizo ao allo, xamón cocido, etcétera). O prezo da entrada será de 3 euros para os maiores de 14 anos”.
Inés López Couto engade: “agardamos que a xente se anime a vir, apoiar ao seu candidato favorito e desfrutar dunha sesión vermú e tardeo entre amigos. Prégamos asistencia con disfrace. Neste caso a recomendación é unha temática de guateque, pero as opcións son as que cada un prefira”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



