Ribadeo, 22 de novembro de 2025. A Federación de Comercio A Mariña e BeOne asinaron un convenio de colaboración polo que esta empresa estará presente no ciclo de charlas sobre o futuro laboral nesta comarca, que se desenvolverá ao longo do presente curso 2025-2026.
A FCAM e BeOne así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa, Roberto Ramos, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado. O acto contou coa presenza de Beatriz Irigoyen, asesora da FCAM.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a BeOne, xa que estará presente como entidade patrocinadora na segunda edición do ciclo sobre O futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de FP da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos sectores e empresas e que na Mariña hai futuro”.
A presidenta da FCAM anunciou que “esta segunda edición chega con máis novidades, que daremos a coñecer proximamente”.
E engadiu: “desexamos que esta colaboración poida ter continuidade no futuro e que sexa moi positiva tanto para a FCAM como para BeOne”.
O CEO de BeOne, Roberto Ramos, dixo: “estamos contentos de sumarnos a este proyecto de la FCAM para apostar y poner en valor los puestos de trabajo en esta comarca, donde somos conocedores de que hay una gran demanda de mano de obra en todos los sectores, que por el momento no se está pudiendo cubrir”.
Para Ramos “es importante contarle a la juventud de A Mariña que aquí se puede trabajar, se puede emprender y se puede vivir en unas muy buenas condiciones”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



