Ribadeo, 19 de novembro de 2025. Acisa e Gestión Gratelu renovaron o seu convenio de colaboración. No acto participaron Pablo Posada, administrador de Gestión Gratelu, e Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial ribadense. No mesmo estivo presente o xerente de Acisa, Jesús Pérez.
Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde Acisa queremos agradecerlle a Pablo Posada e a Gestión Gratelu o seu apoio económico, xa que van estar presentes como entidade colaboradora en 2026 na Festa do Comercio, na Gala de Acisa e no sorteo do Ribadeo Indiano. A rubrica deste segundo convenio con Gestión Gratelu é para nós moi importante. Seguiremos a traballar, como vimos facendo ata o de agora, para que a empresa privada nos brinde a súa colaboración nos grandes eventos organizados pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”.
Pablo Posada declarou que “a sinatura deste segundo convenio con Acisa Ribadeo confirma o noso respaldo ao importante e dinámico traballo que este colectivo empresarial realiza ao longo de todo o ano co obxectivo de contribuír á dinamización económica da vila e dos seus negocios”.
A presidenta de Acisa lembrou que “as asociacións, como Acisa, nutrímonos das cotas das nosas asociadas e asociados e das subvencións que recibimos de administracións como a Deputación de Lugo, a través da súa Vicepresidencia, da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo. Somos un colectivo moi activo e si queremos seguir organizando actividades importantes precisamos de máis partidas económicas. E por iso levamos xa un tempo chamando ás portas da iniciativa privada”.
Carmen Cruzado subliñou: “parécenos moi importante e positivo que as empresas se decidan a colaborar economicamente con nos. Iso quere dicir que as actividades que organizamos desde Acisa resultan atractivas para o conxunto da cidadanía e do colectivo empresarial. Agardamos que máis firmas de Ribadeo se sumen á grande familia que é Acisa”.
Novos negocios asociados
Acisa Ribadeo segue a medrar en número de firmas asociadas. Jesús Pérez, xerente do colectivo empresarial ribadense, indicou que “ao longo das últimas semanas 7 foron os negocios que decidiron adherirse á asociación. Trátase de Bar La Estación, Atleet, Delicias, O Recuncho, El Huerto, Bodegas Ribeirao e Anyvers. Cada vez son máis as empresas de nova apertura que deciden asociarse a Acisa, así como outras que levan moito tempo abertas e que consideran que agora é o momento de sumarse ao noso proxecto e de beneficiarse de todos os servizos que prestamos: asesoramento, formación, entrega de materiais gratuítos e organización de moitas campañas para dinamizar o comercio, a hostalería e os servizos de Ribadeo”.
Acisa Ribadeo conta na actualidade con preto de 170 empresas asociadas: “agardamos seguir incrementando esta cifra ao longo das vindeiras semanas. Neste ano xa se uniron a Acisa 17 novas firmas”, engadiu Pérez Prada.






















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.



