Viveiro, 11 de novembro, 2025. O pleno do Concello de Viveiro celebrado o pasado 5 de novembro aprobou por unanimidade a moción presentada polo Grupo Municipal Socialista para que Portos de Galicia acometa a segunda fase da mellora da Rúa do Porto de Celeiro.
O PSOE lembra “que o Concello xa executou a parte máis complexa desta actuación, grazas a un convenio coa Deputación de Lugo, que permitiu renovar pavimentos, servizos e instalacións nun investimento superior ós 680.000 euros. Agora, o que se pide é que Portos complete a parte pendente, correspondente ás beirarrúas do seu dominio, así como a zona de rodadura, para rematar a transformación integral da fachada marítima”.
A moción contou co apoio de todos o grupos políticos, incluído o Partido Popular. Desde o Grupo Socialista “consideramos positivo ese respaldo pero agardamos que non quede só en levantar a man no PLeno por parte da Alcaldesa e o seu equipo de goberno. Esperemos que o Goberno Muncipal dea un paso máis e defenda ante Portos de Galicia e Xunta a incusión desta actuacións nos orzamentos de 2026”.
Por parte do Grupo Municipal Socialista de Viveiro, enviouse ao Grupo do PsDG-PSOE no Parlamento de Galicia para que incluíra, entre outras, unha partida de 300.000 € para acometer esta obra, nas enmendas aos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2026.


























Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.



