Alfoz, 23 de novembro de 2025. O Concello de Alfoz vén de avanzar na posta en valor do seu patrimonio natural e cultural coa execución do proxecto “Mellora da sinalización turística do Concello de Alfoz”, financiado ao abeiro da convocatoria 2025 de subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para mellora de infraestruturas turísticas. A actuación conta cun investimento total de 30.007,01€, subvencionado ao 100 % pola Axencia Turismo de Galicia, que propuxo a concesión por un importe de 30.000,00 €.
O proxecto consistiu na instalación de nova sinalización informativa, patrimonial e de acceso ao municipio, mellorando puntos de entrada e itinerarios de especial interese turístico. As actuacións desenvolvéronse nas parroquias de O Pereiro, Adelán, Carballido, Bacoi, Reirado e Mor.
Entre as principais intervencións destacan:
– A colocación de cinco paneis de benvida ao concello nas principais vías de entrada.
– A instalación dun panel interpretativo na Pesa de Correlos, elemento tradicional e de especial valor cultural.
– A renovación de dous paneis informativos na Ruta Pena Abaladoira–Escouridal, con deseño acorde ao entorno natural da Serra do Xistral.
A alcaldesa de Alfoz, Efigenia Maseda Paz, responsable da área de Turismo, destaca que “este proxecto dá un paso adiante na forma de recibir e acompañar a quen vén a Alfoz. A nova sinalización mellora a experiencia de visita, dá coherencia ao territorio e reforza a identidade das nosas parroquias”.
A rexedora engade que “a sinalización da ruta Pena Abaladoira–Escouridal e da Pesa de Correlos contribúe a un turismo sostible e educativo. Queremos que tanto veciños como visitantes coñezan Alfoz a través dunha información clara, rigorosa e respectuosa co entorno”.
O Concello de Alfoz agradece a colaboración da Axencia Turismo de Galicia e continuará traballando en iniciativas que impulsen a promoción turística e o desenvolvemento local.






















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



