Balseiro explica que “pasaron oito meses dende que o Goberno de Sánchez se comprometera, en documento oficial en resposta ás nosas preguntas, a realizar obras das que non temos noticia de ningún avance”
O Valadouro, 14 de novembro de 2025. “O Goberno de Sánchez continúa sen dar data para as obras de reparación e rehabilitación no cuartel da Garda Civil no Valadouro”, segundo manifesta o senador mariñán José Manuel Balseiro, despois de obter resposta a varias preguntas formuladas ao Goberno de España polos representantes lucenses na Cámara Alta a petición do alcalde do municipio, José Manuel Lamela.
“O Goberno de Sánchez recoñece que prevé un investimento de 190.000€ para a reparación do patio interior e a adecuación dos accesos aos edificios do cuartel de Ferreira, pero pedimos datas e non aclara cando se van executar. É máis, aseguran que dependerá de que lle asignen orzamento”. Polo tanto, “volvemos presentar formalmente outra pregunta para que adquira un compromiso con datas”, avanza.
Balseiro asegura que “é urxente acometer as obras de mellora” porque as instalacións “non se atopan nas condicións adecuadas para prestar o servizo e, moito menos, para vivir nel”. Incluso por non estar acondicionadas as instalacións, algúns axentes pediron traslado. Na actualidade, só dispoñen dun sarxento e un garda no municipio.
O senador popular engade que “pasaron oito meses dende que o Goberno de Sánchez se comprometera, en documento oficial en resposta ás preguntas dos senadores lucenses do Partido Popular, a realizar as obras no cuartel da Garda Civil de Ferreira do Valadouro sen que tiveramos noticia de ningún avance dende entón”.
Balseiro advirte que “o Executivo estatal está a desprezar a demanda unánime da corporación municipal do Valadouro aprobada en Pleno que recolle obras de illamento térmico, pintado e redistribución de espazos para potenciar a comodidade e funcionalidade destas instalacións”.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



