Barreiros, 18 de novembro, 2025. A asociación cultural O Arco da Vella, de San Miguel, celebrou na tarde-noite do luns unha asemblea histórica: tras 45 anos de presidencia de Enrique Penabad, tocaba elixir relevo.
Nova xunta directiva
A candidatura liderada por Laura Teijeira Pérez foi a única presentada e resultou elixida por unanimidade. O equipo queda composto por:
• Presidenta: Laura Teijeira Pérez
• Vicepresidente: Xoán Manuel Díaz Branco
• Tesoureira: Patricia López Díaz
• Secretario: Xoel Díaz Branco
• Vicesecretaria: Marta Castrillón Freire
• Vogais: Noelia López López e Hugo Domínguez Barbeito
A nova dirección aclara que o reparto de cargos responde a requisitos legais, pero que o funcionamento será colexiado, primando o traballo en equipo.
Ilusión e responsabilidade
A nova xunta recoñece o legado de Quique Penabad e das directivas anteriores, que situaron o grupo nun gran nivel artístico e organizativo. O obxectivo agora é manter esa autoesixencia.
Retos de futuro
• Escola de música e baile tradicional con 100 alumnos/as
• Organización de eventos de referencia: Cabalgata de Reis, Foliada, Festival Infantil
• Preparación da 43ª edición do Festival Internacional do Emigrante en 2026
• Consolidación como grupo de referencia na comarca e no paísUn relevo simbólico
Nun pobo de apenas 800 habitantes, manter viva a asociación durante 45 anos é case un milagre. Agora tócalle a esta nova xeración —sete mozos e mozas, un por cada cor do arco da vella— dar continuidade ao proxecto.
Como lembraba Manuel María no poema que deu nome á asociación:
“O Arco da Vella
de luz feito é.
Resulta un milagro
que siga en pé!”






















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



