Xove, 19 de novembro, 2025. O Bloque Nacionalista Galego de Xove manifesta a súa preocupación pola falta de transparencia e claridade na reunión informativa convocada por Alcoa con parte dos veciños de Lago e Morás, á que tamén asistiu o alcalde do concello.
Desde a formación nacionalista “preguntámonos cales foron os criterios empregados para seleccionar ás persoas convidadas, tendo en conta que houbo veciños e veciñas de Lago que non recibiron ningunha convocatoria, a pesar de seren directamente afectados”.
O BNG considera especialmente grave que nun encontro no que se abordou unha cuestión de tanta relevancia como a ampliación do embalse de “lodos rojos” , non estivesen presentes todos os residentes que teñen dereito a ser informados e escoitados e “gustaríanos saber si é responsabilidade da multinacional ou do concello que a convocatoria non se fixese extensiva a toda a veciñanza”.
Do mesmo xeito, lembran que a zona de Portocelo tamén dispón dun plan de evacuación, polo que as súas veciñas e veciños deben ser considerados parte afectada e, en consecuencia, teñen que ser incluídos en calquera proceso informativo ou participativo relacionado con dita actividade.
Desde o BNG de Xove “reclamamos transparencia, información veraz e participación real da veciñanza en todas aquelas decisións que poidan afectar á súa seguridade, saúde e calidade de vida. Consideramos imprescindible que quen teña a responsabilidade explique publicamente os motivos polos que excluíu a unha parte da poboación afectada e demandamos ao alcalde que esixa á empresa un proceso comunicativo aberto, plural e rigoroso”.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



