A quinta entrega desta serie de veladas será o sábado 13 de decembro a partir das 20 horas, no centro social burelao
Burela, 26 de novembro, 2025. O centro social Xebra continúa a súa aposta pola música electrónica co regreso das festas XEBRAXKP, unha iniciativa que cada ano reúne propostas da escena electrónica a nivel galego e internacional. Este quinto encontro, que terá lugar o sábado 13 de decembro a partir das 20 horas, reunirá a Amsia e Death Whistle, dous proxectos de diferentes xeografías da península.
Amsia é unha figura referencial na música experimental vasca. Bautizado por ‘Carlos Desastre’ nos seus inicios, hai máis de dúas décadas, o artista é tamén membro fundador de 333modules, empresa adicada ao deseño, construción e venta de módulos para sintetizadores en formato Eurorack. Alén da súa longa traxectoria profesional e artística, o músico aterra en Burela cunha proposta que combina tradición e risco, ruído e folklore. A nivel técnico, o seu traballo aséntase nas orquestracións MIDI e os sons sintetizados, os discos de vinilo ou as librarías de samplers. Presenta un collage sonoro de resultado caótico e impredecible, músicas con tintes dramáticos que convidan o público a se mergullar nun imaxinario sonoro desordenado e de beleza hipnótica.
Completa o programa unha proposta da comarca. Death Whistle é o proxecto do viveirés Víctor García, deseñador sonoro e explorador audiovisual que consolidou ao longo dos anos unha linguaxe propia dentro da electrónica galega. Os seus directos oscilan polas paisaxes sonoras, o ruído emocional e as melodías punzantes sonoras. Ofrece unha experiencia inmersiva que xa puido degustar o público de festivais como o WOS, Tesla, Modularday Barcelona ou Fanzine. Para esta ocasión, Death Whistle dará renda soltar a sua faceta mais pisteira cun directo que transitará entre o cyber Glitch, ebm, techno, electro e noise.
Organización e artistas convidan a amantes da música electrónica a asistir á cita, que promete ser un entremés ás celebracións natalicias e un capítulo máis na xa consolidada saga de electrónica mariñá.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



