Cumprindo coas obrigacións pactadas no convenio colectivo asinado a principios deste ano, a sesión deu luz verde á regulación das axudas sociais aos profesionais que traballan entre os seis parques da provincia que dependen deste organismo
Lugo, 28 de novembro de 2025. O Presidente da Deputación e do Consorcio Provincial de Lugo para a prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento, José Tomé Roca, presidiu este venres o Pleno do Consorcio de Bombeiros que se celebrou na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos. Na sesión, os representantes da institución provincial, da Xunta de Galicia e dos diferentes municipios sacaron adiante, entre outras cuestións, un Orzamento para o 2026 que superará os 10M€.
Concretamente, a Deputación de Lugo aportará para o ano que vén un total de 4,3M€ ao Consorcio dos Bombeiros, o mesmo que a Administración autonómica. O resto, preto de 1,4M€, será a aportación da asociación que representa ás aseguradoras en España, UNESPA. Un aumento das achegas de preto do 30% respecto ao ano en curso para dar cumprimento ao convenio colectivo asinado a principios de ano cos traballadores e traballadoras.
Outro dos acordos aprobados no Pleno foi precisamente a regulación das axudas sociais aos profesionais que traballan nos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro, tal e como quedou pactado no texto cos traballadores.
A incorporación de 26 efectivos ao persoal do Consorcio –que se sumarán aos 117 traballadores e traballadoras que hai na actualidade-, o aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro ou a redución de 158 horas anuais –ata as 1.642- son algunhas das melloras pactadas cos profesionais no mes de xaneiro. E en setembro quedou aprobada unha aportación de case 2M€ para a mellora dos seis parques da provincia e facer fronte a esa suba laboral.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



