Os senadores do PP lucense anuncian novas iniciativas para que o Goberno aclare onde se atopan e saber se o Estado dispón ou non de vivendas nos municipios onde hai demanda
Lugo, 27 de novembro de 2025. O Goberno de Pedro Sánchez recoñece ante as preguntas dos senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- que “non puxo en alugueiro a prezos accesibles as vivendas da Sareb como prometera en campaña electoral”.
Así se desprende da resposta oficial do Goberno de España ás preguntas formuladas polos senadores en relación á dispoñibilidade de inmobles na provincia susceptibles de converterse en vivendas de alugueiro social.
Se ben o Goberno confirma que dispón na provincia a través da Sareb -coñecido como banco malo e que actualmente está participada e controlada polo Ministerio de Hacienda- de máis de 180 vivendas e en torno a 90 solos, non especifica en que condicións xurídicas, técnicas e de adecuación se atopan. Así mesmo, recoñece que non están traspasadas á nova Empresa Pública de Vivenda para formar parte do parque público de vivenda accesible.
“Á vista de que tampouco aclara en que municipios se atopan esas vivendas ou solos da Sareb, volveremos a formular outra pregunta para que o Goberno aclare onde se atopan e saber se o Estado dispón de propiedades que se puideran dirixir a alugueiro a prezo razoable nos municipios onde hai demanda”, avanzan.
Os senadores populares falan dun “novo incumprimento” de Sánchez en materia de vivenda que afecta a todo o país toda vez que Sánchez anunciara en campaña electoral a posta en alugueiro de 50.000 pisos da Sareb (Sociedade de Gestión de Activos Procedentes de la Reestructuración Bancaria).
OUTRAS PROPIEDADES DO ESTADO INFRAUTILIZADAS
Os populares subliñan que “se a estas 180 vivendas se engaden outras propiedades do Goberno do Estado infrautilizadas como os 100 inmobles baleiros que ten na provincia Adif (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias) en diferente estado de conservación e que, nalgúns casos, requirirían da súa rehabilitación, poderían incorporarse ao parque público estatal preto de 300 vivendas entre ambos organismos”.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



