A eurodeputada Carmen Crespo pon en valor as medidas da Xunta, algunhas das cales serán incluídas no Libro Branco polo futuro rural de España que están a elaborar os populares
Alfoz, 28 de novembro de 2025. O Partido Popular comprometeuse hoxe desde A Mariña a “loitar por unha PAC xusta”, despois de coñecer a proposta do Marco Financeiro Plurianual 2028-2034 da Comisión Europea, de maneira que Galicia non vexa recortado o seu orzamento en máis de 300 millóns de euros.
Así o manifestou a portavoz do PP na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, Carmen Crespo, que xunto á responsable de Medio Rural no Goberno galego, María José Gómez, realizou unha visita a unha explotación gandeira en Alfoz, acompañadas polo dono e portavoz do PP local, Juanjo Fraga, e outros representantes do partido na provincia.
“Estamos trabajando en el Marco Financiero Plurianual y especialmente en la PAC, que supone mucho para Galicia y para el rural, y lo que queremos es que se mantenga en el futuro”, expresó Crespo, avanzando que van a “pelear” para evitar el mencionado recorte, de manera que “la agricultura y la ganadería gallegas sigan teniendo capacidad económica en el futuro”.
A eurodiputada sinalou que os vindeiros 18 e 19 de decembro debatirase a financiación no Consello Europeo, onde estará Pedro Sánchez, do que non agardan “nada”, polo que será o PP o que “defenderá a los agricultores y ganaderos” e seguirá “luchando para transformar la propuesta de la Comisión hasta que sea más adecuada”. “Tenemos que salvar la PAC”, resumiu.
“GALICIA COMO EXEMPLO PARA O RESTO DE ESPAÑA”
Doutra banda, Carmen Crespo puxo en valor o traballo que fixo a Xunta de Galicia co reagrupamento de terras, “un ejemplo para toda España” que o presidente Alberto Núñez Feijóo vai incluír no Libro Branco polo futuro rural de España que, liderado por ela mesma, está a elaborar o Partido Popular —outra das autoras é a deputada galega Rosa Quintana—.
“Vamos a dejar claro cómo queremos que la fiscalidad llegue al mundo rural para que todos los que deseen emprender tengan una oportunidad. Una fiscalidad mejor, muy leve para la maquinaria, los seguros, las incidencias meteorológicas o para la creación de empleo”, explicou.
CASA BARBEIRO: “NÚMERO UN EN MODERNIDADE”
Por último, a eurodeputada asegurou que a gandería Casa Barbeiro, onde estivo hoxe, é “número un en modernidad”, con economía circular a través dos xurros, créditos de carbono e industria agroalimentaria rural coa súa fábrica de queixos.
A explotación de vacún de leite de Casa Barbeiro situada en Alfoz ten un censo de máis de medio milleiro de bovinos. Entre os seus proxectos, o Grupo destaca por contar coa primeira quesería da Mariña lucense que traballa exclusivamente con materia prima procedente da súa propia gandería.
Posteriormente, Carmen Crespo participou nas XXIX Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro, que se celebran en Celeiro, onde falou sobre a reforma da política pesqueira común como presidenta da Comisión de Pesca no Parlamento Europeo.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



