Os concelleiros do PP instan ao Concello a identificar e xestionar as colonias felinas e poñer en marcha un servizo de urxencias para recollida, aloxamento e atención dos animais abandonados
Burela, 25 de novembro de 2025. O PP de Burela esixe ao goberno municipal o cumprimento da Ley 7/2023 de protección de los derechos y bienestar de los animales.
Concretamente, o Grupo Municipal Popular instará ao Concello no vindeiro Pleno a realizar, de forma inmediata, a identificación de todas as colonias felinas que hai en Burela; asumir e implementar a aplicación do método CER para a xestión, considerada máis ética e eficaz, de ditas colonias felinas; poñer en funcionamento un servizo de urxencias, de 24 horas, para a recollida, aloxamento e atención de tódolos animais perdidos ou abandonados, como recolle a lei.
Os concelleiros do Partido Popular amosan a súa preocupación porque “teñen que ser as asociacións e colectivos os que suplan estas carencias porque o Concello de Burela non está dando cumprimento á norma; a pesar de que pasaron xa dous anos dende a aprobación desta lei e, incluso, transcorreron todos os prazos de prórroga”.
Os populares insisten en reclamarlle á alcaldesa “o cumprimento da normativa”, incluída esta Ley aprobada por un goberno da súa mesma cor política no Estado, conclúen dende o PP de Burela.






















Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.



