Así, o voceiro popular, Javier Castiñeira, lembra que estas entidades seguen sen cobrar as subvencións correspondentes aos anos 2023 e 2024
Foz, 6 de novembro de 2025. O Partido Popular de Foz denuncia o abandono absoluto ao que o goberno municipal do señor Cajoto ten sometidos aos clubs deportivos do concello, que seguen sen cobrar as subvencións correspondentes aos anos 2023 e 2024.
“Xa no mes de marzo levamos unha pregunta ao Pleno preocupados por esta situación, preguntando cantas anualidades quedaban por pagar”, recorda Castiñeira. “Naquel momento, o alcalde recoñeceu que estaban pendentes todas as do 2024 e algunhas do 2023, o que xa nos pareceu moi grave. Ademais, asegurou que tratarían de abonarse de inmediato, pero pasaron sete meses e nada cambiou”, engade.
Para o PP de Foz, esta situación non é froito da casualidade, senón dunha intención “maliciosa” por parte do goberno socialista de xuntar nun único recoñecemento extraxudicial de crédito tanto as subvencións deportivas pendentes como facturas con reparos de intervención, resultado da mala xestión económica e da falta de orzamentos actualizados no presente exercicio
“Parece evidente que Cajoto pretende empregar aos clubs como ferramenta de presión para que o Partido Popular apoie centos de facturas fóra de contabilidade. Iso é un auténtico insulto ao traballo e esforzo das directivas destas entidades, que manteñen viva a actividade deportiva en Foz”, lamenta Castiñeira.
O Partido Popular de Foz esíxelle ao alcalde que leve ao Pleno por separado dous recoñecementos de crédito: un coas subvencións sen cobrar dos clubs deportivos e outros coas facturas fóra de contabilidade. “Se non o fai así, verémonos obrigados a votar en contra e non aceptaremos o chantaxe político do grupo de goberno”, advirte o portavoz popular.
“O que non pode ser é que os clubs teñan que pagar as consecuencias da nefasta xestión económica do señor Cajoto, que acumula irregularidades no gasto e na contratación, traballando sen respaldo orzamentario e con contas totalmente desactualizadas. Ou trae os expedientes por separado, ou que non conte co Partido Popular para levantar os reparos derivados da súa propia neglixencia”, conclúe Castiñeira.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



