Nenos e nenas nacidas en 2020 ou 2021 poderán probar as escolas durante dúas semanas de forma gratuíta
Burela, 6 de novembro, 2025. Xornadas abertas para nenas e nenos nacidas/os en 2020 ou 2021, de categoría biberón, que poderán probar o fútbol sala, de forma gratuíta durante dúas semanas, a través das ensinanzas de técnicos e profesionais do sector, incluindo xogadores/as e ex-xogadores dos primeiros equipos. A competición para esta categoría (mixta) comeza o día 15 de novembro e participan, ademais do Burela FS, o AD Santiago de Foz, a ED Celeiro e a ED Lourenzá.
Por outra banda, nas escolas do Burela realízanse dúas sesións de adestramento á semana, os martes de 19.20h a 20.20h no pavillón Monte Castelo e os mércores de 17.00h a 18.00h no pavillón Vista Alegre. Nesta categoría na que participan nenos e nenas de 4 e 5 anos (en 2025), ademais de inculcar hábitos e procedementos saudables como é o deporte en si e todas as rutinas que conleva practicalo, tamén se aprenden conceptos básicos do deporte en xeral (correr, pisar, saltar, etc.) e do fútbol sala (pases de balón con pie y cabeza, conducción balón, etc.), todas moi importantes para o desenrolo da psicomotricidade nestas idades.
O enlace para inscribirse a estas xornadas abertas é o seguinte:
https://app.cluber.es/clubes/18e225bc917ef0c07cc1eaa25747338de7db771f/pagos/641831832bfbf671833464























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
