Esta cifra sumarase aos máis de 25 millóns de euros que a Xunta prevé investir nesta zona cos seus orzamentos de 2026
Viveiro, 29 de novembro de 2025. Os deputados do Grupo Popular Cristina Sanz e José Manuel Mato salientaron hoxe que os concellos da comarca da Mariña lucense recibirán o vindeiro ano máis de 4,6 millóns de euros do fondo de cooperación local da Xunta de Galicia, unha partida que se suma aos máis de 25 millóns de euros que o Goberno galego ten previsto investir directamente en obras e servizos nestas localidades ao longo de 2026.
Nun encontro mantido coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, os deputados populares salientaron o incremento nun 12 por cento da partida que a Xunta destinara en 2026 ao fondo de cooperación local. En concreto, os concellos da Mariña recibirán en total 4.226.181 euros do fondo base correspondente a 2026, ao que se sumarán outros 416.340 euros procedentes do fondo adicional do ano 2024.
Por concellos, e tendo en conta que o reparto faise en función da poboación de cada municipio, Viveiro será a localidade que recibirá unha maior contía do fondo (556.976 euros), seguida por Ribadeo (516.398 euros) e Foz (506.310 euros). Pola contra, os municipios que ingresarán menores cantidades o vindeiro ano serán Riotorto (171.347 euros), Trabada (183.026 euros) e Lourenzá (183.272 euros).
GALICIA, COMUNIDADE PIONEIRA
Cristina Sanz subliñou que “Galicia foi a comunidade pioneira en establecer no ano 2011 este instrumento de financiamento estable das entidades locais, que se regula anualmente a través das leis de orzamentos da Comunidade galega”.
Porén, puxo de manifesto a necesidade de que o Goberno central defina o novo modelo de financiamento local, “que teña presente as especiais características da nosa comunidade, como a dispersión xeográfica ou o envellecemento”.
Pola súa banda, José Manuel Mato destacou que esta aportación directa da Xunta aos concellos súmase aos máis de 25 millóns de euros que o Goberno galego ten previsto investir directamente na comarca da Mariña o vindeiro ano. En concreto, entre as obras de maior orzamento, citou a mellora do saneamento e a construción da nova depuradora de Burela; a continuación das obras da depuradora de Foz; a mellora de abrigo e a creación de prazas de pantalán no porto de Morás, en Xove; a reparación do abastecemento de auga a Ribadeo e Trabada; a remodelación da dársena de Foz; o acondicionamento do porto de Celeiro-Viveiro ou as novas fases do plan director do Hospital da Mariña.






















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



