José Tomé Roca comprobou xunto a Darío Campos Conde o resultado das obras de renovación e ampliación deste espazo que levou a cabo o Concello mariñán grazas a un acordo coa institución provincial por importe de máis de 122.000€
Lugo, 22 de novembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde, veñen de comprobar o resultado das obras de renovación e ampliación do parque infantil da pontenovesa Praza dos Fornos. A actuación financiouse grazas a un investimento de 65.000€ dos 115.000€ que achegou a institución provincial a través dun convenio de colaboración co Concello mariñán que contemplaba ademais a mellora da rede viaria de Souto de Mogos, na parroquia de Conforto.
“Sempre digo que somos o Concello dos concellos e probámolo con feitos todos os días. Hoxe coa mellora desta zona de xogos para os nenos e nenas, que é a única do núcleo pontenovés, e que o Goberno local non podería afrontar sen a nosa axuda”, argumentou o mandatario provincial. Valorou que a actuación na Praza dos Fornos “está a mellorar a calidade de vida das familias deste municipio” e nese sentido, destacou que “un parque infantil non é só un espazo para a infancia”, é un punto de encontro para a veciñanza. Ademais subliñou o impacto económico da intervención, “contribuímos a facer máis atractiva unha praza esencial para o desenvolvemento turístico da Pontenova”.
Concretamente, a achega da institución provincial serviu para a creación dun novo parque infantil cuberto, cunha estrutura de madeira e pizarra, destinado aos nenos e nenas de entre 0 e 6 anos, anexo á zona de recreo xa existente, que se mellorou coa renovación do pavimento e a substitución dos diferentes elementos de xogo.
Lembrou o Presidente que ademais, a Deputación vén de asinar outro acordo coa Pontenova por un importe de 250.000€ para, entre outras actuacións, humanizar a zona do aparcadoiro desta praza cun investimento de máis de 140.000€. E que nos últimos anos a institución provincial investiu no concello pontenovés máis de 6,5M€.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



