Os socialistas denuncian que a Xunta deixa fóra dos Orzamentos proxectos clave para Xove, como o Polígono Industrial, o Portiño de Morás e a mellora da rede de abastecemento da auga
Xove, 26 de novembro de 2025. O PSdeG-PSOE de Xove denuncia que o municipio volve quedar “completamente abandonado” nos Orzamentos da Xunta para 2026, pese ás reiteradas promesas do alcalde, Demetrio Salgueiro, que leva dezaoito anos anunciando actuacións que nunca chegan. O Grupo Municipal vén de presentar, a través do Grupo Parlamentario Socialista, un paquete de emendas destinadas a corrixir “o abandono estrutural” ao que, afirman, somete o Goberno galego a Xove.
Segundo explica a formación, o proxecto orzamentario da Xunta recolle partidas “testemuñais” e claramente insuficientes para tres actuacións estratéxicas do municipio: a ampliación do Polígono Industrial, o acondicionamento do Portiño de Morás e a modernización da rede de abastecemento da auga potable. “Nin unha soa das grandes promesas feitas polo alcalde en dezaoito anos figura cun investimento serio e real”, critican.
No ámbito industrial, o PSdeG de Xove lembra que a ampliación do Polígono leva anos anunciándose e require unha inversión de máis de 4 millóns de euros. Con todo, o Goberno galego só reserva 80.000 euros para 2026, unha cantidade que consideran “irrisoria”. Os socialistas propoñen destinar, como mínimo, un terzo do investimento total no próximo exercicio, “se realmente existe vontade política de impulsar o emprego e a actividade económica no concello”.
En relación co Portiño de Morás, denuncian que a Xunta dá continuidade a unha “promesa infinita” que o alcalde leva facendo desde o seu primeiro mandato. Explican que nos últimos anos o PP chegou a anunciar obras “inminentes”, pero o proxecto volve quedar reducido a unha partida de 87.000 euros, moi lonxe dos 7,5 millóns de euros que manexan os estudos actuais. O PSdeG solicita comprometer, polo menos, un cuarto deste importe no 2026, asegurando “un investimento real e non só titulares”.
A terceira emenda céntrase na mellora da rede de abastecemento da auga potable, un servizo que describen como “terceiro mundista”, con restricións no verán e chegada de barro ás vivendas no inverno. Segundo os socialistas, un estudo técnico cuantifica en 1,5 millóns de euros o investimento necesario para modernizar a rede. Porén, a Xunta non reserva “nin un só euro” para esta actuación e o goberno local tampouco promove xestións para acelerala. “Falamos dun servizo básico, con condicións impropias dun municipio do século XXI, que afecta á saúde e ao benestar da veciñanza. Non é aceptable seguir mirando para outro lado”, subliñan.
O PSdeG-PSOE de Xove insiste en que “esta situación non é nova”, e lembra que a Xunta leva case dúas décadas sen realizar ningún investimento de entidade no municipio, malia que o PP goberna no concello con maioría absoluta dende hai 45 anos. “As únicas obras importantes executadas polo Goberno galego no concello pertencen a etapas socialistas: a traída de augas do Cruceiro, coa presidencia de Fernando González Laxe, e a depuradora de Rego-Sanguento, durante o mandato de Emilio Pérez Touriño”, apuntan.
Os socialistas solicitan ao presidente Alfonso Rueda que “poña fin a esta marxinación continua” e atenda estas emendas con criterios de equidade territorial. “Xove non pode seguir quedando atrás ano tras ano. Agardamos que a Xunta rectifique e que, dunha vez por todas, o noso concello deixe de ser o gran ignorado no mapa orzamentario galego”, conclúen.



















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



