Lugo, 12 de novembro de 2025. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, presidiu este martes unha nova reunión da Comisión Executiva Provincial, celebrada na sede do partido en Lugo.
O encontro serviu para facer balance da intensa actividade política das últimas semanas e marcar as prioridades de cara ao final de ano. A dirección provincial destacou especialmente os avances dos encontros comarcais celebrados na Mariña, na Terra Chá e no Suroeste, que están a consolidarse como unha ferramenta útil para reforzar a coordinación interna, recoller propostas do territorio e fortalecer o contacto directo coas agrupacións locais.
José Tomé subliñou que “estas xuntanzas están a dar resultados moi positivos, porque permiten que a voz da militancia e dos concellos chegue directamente á dirección provincial”. Engadiu que “o PSdeG-PSOE é o único partido que está a pisar o territorio, escoitando e traballando concello a concello, con presenza real e compromiso coa cidadanía”.
Durante a sesión abordouse a axenda do partido das vindeiras semanas, na que figuran a celebración do Comité Nacional do PSdeG e do Comité Provincial de Lugo, dúas citas clave para afondar na coordinación orgánica e definir as prioridades do novo ano político.
A dirección provincial analizou tamén a viaxe institucional encabezada por José Tomé Roca a Uruguai e Arxentina, unha misión que tivo como obxectivo reforzar as relacións institucionais e económicas con ambos países, abrir novas oportunidades de cooperación e dar proxección internacional á provincia de Lugo. O Secretario Xeral destacou que “Lugo demostrou nestes días que é unha provincia con capacidade, talento e visión. Esta misión foi un paso adiante para abrir mercados, establecer alianzas e facer visible o noso potencial fóra de Galicia”.
Este encontro evidencia o fortalecemento do PSdeG-PSOE de Lugo, un partido unido, con presenza en toda a provincia e con capacidade de liderar as respostas que agarda a cidadanía. “O socialismo lucense vive un momento de avance e cohesión que está a marcar o rumbo do futuro político da provincia.


















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



