Viveiro, 24 de novembro, 2025. As IX Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro arrancaron hoxe en formato online, con sete conferencias a cargo de especialistas na materia.
O Grupo Municipal Socialista de Viveiro expresou a súa preocupación pola falta de apoio do actual goberno local, presidido pola alcaldesa Mariña Gueimunde (PP), que impediu a celebración presencial dun evento xa consolidado a nivel estatal e recoñecido internacionalmente.
Un evento de referencia
As xornadas, organizadas tradicionalmente polo Concello de Viveiro xunto con FEDAS, FEGAS, Asociación Lembranza, a Armada Española, a UNED e a Deputación de Lugo, situaron á cidade como epicentro da investigación en arqueoloxía e historia subacuática. En 2023 recibiron en Roma un recoñecemento como exemplo de boas prácticas.
Desde o inicio, o PSOE de Viveiro apoiou o impulso do arqueólogo subacuático viveirense Antón López, coordinador de FEDAS para o noroeste, que conseguiu consolidar o evento. Viveiro acolleu sete edicións presenciais e unha online durante a pandemia.
Falta de apoio económico
Este ano, o goberno municipal comunicou á organización que non existía partida orzamentaria para cubrir os gastos, o que obrigou a celebrar as xornadas exclusivamente de forma telemática. A coordinación recaeu de novo en Antón López, coa colaboración da UNED, FEDAS, FEGAS e Asociación Lembranza.
Patrimonio en risco
O PSOE de Viveiro denunciou tamén o abandono dos cañóns da Fragata Magdalena e do obús de Rovira, pezas históricas que durante quince anos foron coidadas e que hoxe presentan un evidente deterioro. O grupo socialista xa trasladara esta situación nun pleno, sen que se tomasen medidas. Estes elementos forman parte da memoria histórica da cidade e son un punto cultural e fotográfico moi visitado.
Proposta para 2026
O grupo municipal socialista presentará un rogo no próximo pleno para que os Orzamentos Municipais de 2026 inclúan unha partida específica que garanta a celebración presencial das X Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro, acorde coa relevancia do evento.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



