Estivo presente o Consul de Uruguay xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Deputada de Cultura da Deputación
Lugo, a 31 de otubro de 2025. O Vello Carcere acolleu a proxeción ddun documental sobre o ribadense “el Viejo Pancho” a proxección do documental “O Vello Pancho, de Ribadeo ao Prata”, dirixido por Xan Leira. Esta produción, financiada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, profunda na historia da emigración gallegEl acto contará coa presenza do propio director do documental e de Pablo Rodríguez “Vivín”, escritor, investigador e historiador local de Ribadeo, ademais de depositarioa ao Río da Prata a través da figura emblemática do ribadense José Alonso e Trelles, coñecido como “O Vello Pancho”. Estivo presente o Consul de Uruguay xunto coa Concelleira de Cultura do Concello de Lugo e a Deputada de Cultura da Deputación
Un percorrido pola emigración e o legado cultural. O documental estreouse o pasado setembro en Ribadeo, coincidindo co centenario do falecemento do Vello Pancho, e explora a masiva emigración galega ao Río da Prata, especialmente desde a comarca da Mariña e Ribadeo durante a segunda metade do século XIX. Baseándose no arquivo familiar de Alonso e Trelles, descuberto polo propio Pablo Rodríguez “Vivín”, a película ofrece unha profunda análise da vida e obra deste destacado escritor e político. O documental tamén conta coas achegas de investigadoras e investigadores como Pilar Cagiao, Martín Fernández Vizoso, Manuel Suárez, José Mª Monterroso Devesa, así como de Toni de Seares e Ana Lorenzo, últimos responsables do programa de radio Sempre en Galicia, de Montevideo, e membros do Padroado da Cultura Galega.
Un dos eixos centrais do documental é a obra poética de Alonso e Trelles, na que destacan temas como “a natureza, o gaucho e a vida rural uruguaia”. A súa influencia estendeuse tamén ao mundo da música, coa interpretación dos seus poemas por artistas como Carlos Gardel e Alfredo Zitarrosa. Gardel puxo voz a pezas como “Hopa, hopa, hopa!”, “Insomnio” ou “Misterio”, mentres que Zitarrosa converteu “Da Loita” nun himno reivindicativo






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



