Os representantes das entidades participantes amosaron o seu acordo en reivindicar dende a unidade “o que é de xustiza para Lugo” ante a situación “deficitaria” das infraestruturas e comunicacións que supoñen unha “desvantaxe competitiva”
Lugo, 28 de novembro de 2025. O tecido económico e a sociedade civil coincide en reivindicar un Lugo mellor conectado. Así se desprende dunha reunión de traballo convocada polo Partido Popular con representantes do sector empresarial, comercial, turístico e do transporte na provincia na que cualificaron como “deficitaria” a situación das infraestruturas de comunicación de Lugo que supoñen unha “desvantaxe competitiva” para o noso territorio dende o punto de vista económico e, tamén, social e familiar.
Os representantes dos distintos colectivos amosaron o seu acordo para o impulso de accións conxuntas para reivindicar “o que é de xustiza para Lugo”.
O primeiro paso é consensuar un manifesto conxunto contra a desconexión de Lugo que cada entidade tramitará conforme á súa normativa interna e que inclúa, tamén, unha parte personalizada coas reivindicacións de cada sector en relación ao ámbito das infraestruturas e a conectividade. Unha acción aberta á sociedade e aos distintos colectivos lucenses que se queiran sumar a esta reivindicación.
A exclusión do AVE e do Corredor de Mercadorías, a perda de servizos e frecuencias ferroviarias, unha intermodal nova sen trens, o mal estado das estradas nacionais, a falta de autovías para conectar con Santiago, Ourense, comunicar A Mariña e o sur da provincia coa Meseta ou a deficiente conexión con Internet foron algunhas das realidades que vivimos os lucenses na provincia e que foron analizadas na reunión.
Os representantes do Partido Popular avogaron pola “unidade” ante unha “situación límite” ou “punto de non retorno onde ou se reacciona como sociedade ou o dano durará xeracións”.
A xuntanza contou coa participación de representantes da CEL, a Asociación de Empresarios Ceao – As Gándaras, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción, asociacións de empresarios de transporte, a Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería e o Turismo, a Federación provincial de comercio, a Asociación de Distribuidores de Hostalaría e Alimentación de Lugo, a asociación Capital Humano, a asociación Lugo Monumental, a asociación provincial de taxistas, a asociación de Amigos do Camiño, da asociación Xuntos por Lugo e da Federación de Asociacións de Veciños Lugo Rural Importa.
Tamén participaron, dende o Partido Popular da provincia, a presidenta provincial e voceira municipal, Elena Candia; o portavoz provincial e coordinador de Infraestruturas do PPdeG, Antonio Ameijide; os alcaldes de Outeiro de Rei, José Pardo, e de Castro de Rei; Francisco Balado; a deputada autonómica Cristina Sanz, a deputada nacional Cristina Abades e o senador Juan Serrano.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



