Hoxe vou falar da conciencia galeguista durante a ditadura franquista e, para tal fin, volvín revisar o libro do profesor e presidente da RAG, Henrique Monteagudo: O idioma galego baixo o franquismo.
Trátase dun libro extraordinariamente documentado que nos desvela polo miúdo a brutal represión que sufriu o galego durante a ditadura e, como contraste, a estoica resistencia dun egrexio grupo de galeguistas arredor da Editorial Galaxia, creada en 1950.
Falamos dun grupo de persoas profundamente comprometidas coa nosa cultura e coa nosa lingua, firmemente decididas a manter viva —no medio de tanta barbarie— a memoria da nosa identidade, ao tempo que retomaban desde o eido cultural a loita pola dignidade nacional de Galicia.
O libro permítenos coñecer con detalle a represión á que foi sometida a nosa lingua e, como consecuencia, as dolorosas repercusións que tal actitude tivo na personalidade máis íntima dos galegofalantes.
E fronte a ese sistemático linguicidio, emerxe como unha bafarada de esperanza a extraordinaria laboura a prol da nosa cultura e da nosa lingua dun grupo de galeguistas movidos por un compromiso insobornable coa que é a creación máis propia da alma deste pobo.
Un traballo que, coa perspectiva que nos dá o tempo, ben podemos cualificar como unha auténtica odisea. Ao seu fronte estiveron, ademais de don Ramón Otero Pedrayo —verdadeira ponte entre a Xeración Nós e a Xeración Galaxia—, outros salientables persoeiros como Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Ricardo Carballo Calero, Illa Couto e moitos outros que se foron sumando, como Alonso Montero ou a Xeración das Festas Minervais, sempre coa colaboración de numerosos galegos emigrados e exiliados. Todos eles entregados sen reserva a ser a conciencia dun pobo asoballado pola brutal represión franquista, nun tempo no que a súa lingua era proscrita e identificada coa incultura.
En definitiva, esta resistencia creativa do galeguismo, ademais de dotar a nosa lingua e a nosa cultura de prestixio en tempos tan escuros, constitúe unha auténtica loita civilizatoria contra a barbarie e a sinrazón. Unha loita que, nin moito menos, está rematada, polo que cómpre seguir empurrando para que a nosa cultura e a nosa lingua acaden a plena normalización.



















Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.



