Esta actuación conta con financiamento a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea-NextGenerationUE
Santiago de Compostela, 6 de decembro de 2025. A Xunta de Galicia adxudicou por un importe de preto de 300.000 euros as obras de reforma da liña de lodos da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da Senra, no concello lucense de Cervo. O fin último dos traballos é optimizar o funcionamento da instalación e evitar o exceso de vertidos cara á rede de saneamento municipal co obxectivo de garantir a axeitada prestación do servizo de abastecemento á cidadanía existente na contorna.
As actuacións, que se enmarcan na colaboración coa entidade supramunicipal Consorcio para a xestión e explotación da rede básica de abastecemento aos concellos de Cervo e Burela, teñen un prazo de execución de seis meses e buscan que o funcionamento da ETAP sexa óptimo mediante a instalación dun novo sistema de flotación por aire disolto (DAF) que aumente a capacidade de tratamento, mellore a liña de lodos e reduza os aportes de auga sucia á rede de saneamento do concello de Cervo.
A instalación deste novo sistema DAF para o tratamento da auga require dunha ampliación da sala de lodos -pois as dimensións da actual son insuficientes-, que se estenderá ao espazo actualmente ocupado polos vestiarios e, parcialmente, polo laboratorio, o que implicará a habilitación de novas áreas para estas funcións.
En canto á liña de lodos, ademais de cambiarse o sistema de flotación por aire disolto, instalarase un novo depósito prefabricado de formigón de arredor de sete metros cúbicos de volume que recollerá a auga clarificada procedente do DAF antes de pasala á seguinte fase das canalizacións para o tratamento dentro da ETAP.
Esta actuación conta con financiamento europeo a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea-NextGenerationUE.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



