Tras reunirse o xurado designado polo Excmo. Concello de Mondoñedo para valorar as fotografías presentadas ao X Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” e, da súa xuntanza, derivouse a seguinte terna de gañadores: 1º – Marcos Candia Cuba. 2º – Suso Rubio. 3º – Lorena Fernández Rivas. Presentáronse 33 fotos das que, ademais da terna de gañadores, extractáronse outras 10 máis a criterio do xurado, que xunto coas tres premiadas conformarán as imaxes do calendario do Concello de Mondoñedo do ano 2026. A entrega de premios, que terá lugar nos vindeiros días e coincidirá coa presentación do calendario oficial do Concello de Mondoñedo. Concello e xurado agradecen a participación cidadá neste concurso e emprazan á veciñanza para o concurso do vindeiro ano.






















Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



